O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A entallada

É moi probable que as dúas imaxes sexan obra de Joaquín Pintos, aínda que só este firmada polo autor a inferior (Entallada. Combarro 1918). Ambas están feitas dende a Pinela en Combarro e recollen a modo de documento a actividade da entallada, o cal e lóxico que o autor fixera imaxes en preamar e en baixamar. Sábese tamén que fotógrafos que visitaron Galiza contratados pola Hispanic Society of América (inscrición na foto superior), ademais das propias, ampliaron os seus arquivos con fotos compradas a fotógrafos galegos de renome,como Francisco Zagala, xa comententado no post Nosa Señora a propósito de Ruth Matilda Anderson, fotografa e investigadora americana que plasmou en imaxes a Galiza no 1925.

A entallada é unha arte de pesca, hoxe en desuso, que consistía nunha rede de aproximadamente 100 a 200 brazas de largo por 10 de alto que se sostiña sobre varas espichadas na area e colocábase coa marea chea en esteiros co fin de que coa baixamar quedasen mallados os peixes nela ou sobre as charcas e area da praia. O peixe mallado e mais o que sobre a superficie da praia queda a dúas brazas de distancia da rede era para os mariñeiros que traballaban a entallada e o restante era para quen o apañara.

A etimoloxía da palabra Combarro pode estar ligada a esta ancestral arte de pesca. O étimo Camboa/Comboa fai referencia segundo Eladio Rodríguez González (1958-1961): Dicionario enciclopédico galego-castelan, Galaxia, (Vigo) a un esteiro, pequeno lago artificial que se forma na beiramar e que se enche o subir a marea, quedando en seco na baixamar. Ademais Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución ao dicionario galego, Alvarellos, (Lugo), define Camboa/Comboa como pesqueira na beiramar con estacada ou parediña de pedras, onde quedan presos os peixes cando baixa a marea.

Nosa Señora
Joaquín Pintos
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 11-03-2012 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web