O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Metamorfose
Mater Gallaeciae (1961) Luis Seoane


Metamorfose (relato)

O vello estaba de repouso cos cóbados apoiados no valado lembrando cara o mar, quen sabe que cousas. Sen apenas mover o pescozo, - di - ¿ fixécheslle de comer o teu home? – Aínda non, contestou ela - sen deter a marcha. Hoxe é ben doada de facer – rematou -.
A moza subía rúa arriba de camiño a tenda, pouco tempo tiña para entreterse coa veciñanza , xa que apuráballe facer o xantar do seu home e mais o do seu único fillo. Como tódolos días eles chegaban sobre as dúas e media de sitios ben distintos , o home pasaría a mañá limpando os aparellos no peirao e o neno un día máis chegaría abafado de correr pola beirarrúa despois dun lectivo día na escola do concello.
- A mañá corre que voa e pola tarde teño que ir a axudarlle e miña comadre a collelas patacas – díxolle á rapaza encargada de despezarlle un cacho de carne -
- Non a envexo nada. Coa calor que fai… – dixo a moza –
O tempo era o xusto para amañar a carne cuns chícharos e cenorias e namentres ir facendo unha tortilla de patacas para cando chegase pola noitiña cansa do seu traballo.
O día é caloroso en setembro e na veiga, ás tres da tarde, aínda máis. Hai que traballar duro se queremos que non quede faena que nos obrigue vir mañá.- dixo a comadre - As patacas que foron sementas co legón rego a rego uns meses antes van ser apañadas hoxe da terra coa mesma ferramenta, esforzo de cavar unha e outra vez nela, seca e dura, e co sol como inimigo engadido. Logo, recollelas e xuntalas en sacos a beira do camiño esperando a que veñan co carro para carrexalas para casa.
O sol está máis baixo, a comadre elixe un lugar sombrío onde estender o ras da terra
un mantel vello pero limpo, sobre o que con coidado e cerimoniosamente pon uns pratos con peixe frito e ovos cocidos, pan, viño e gasosa. A merenda e a charla prolongase ata case agacharse o sol. Xa é tarde, ata mañá – di ela – aos seus compañeiros mentres colle o teléfono móbil e o cartafol dirixíndose a porta de saída da oficina. Xa no coche, no vial de intersección coa autopista, reflexiona, como tódolos días, sobre as tarefas mercantís que fixo hoxe e vai contenta de non levar traballo engadido para casa. Na autopista síntese satisfeita de como lle responde seu audi TT coupe, e canta con Bob Marley que chega como resucitado, fresco e recíbeo con ledicia polas ondas dende os altofalantes do seu coche ....I wanna love, you and treat you right...I wanna love you every day and every night …pronto chegará a seu piso na cidade – pensa - e farao liberada de actividades laborais, aínda latexantes no anaco de cerebro responsable, pero esquecidas agora que está cantando para ela mesma. Fisicamente só os zapatos que aprisionan os seus pés son prioridade de abandono. Comprende o que ven cantando o ritmo de reagee e desexa por riba de todo compartilo tempo co seu home e o seu fillo.
- Ola cariños , ¿ qué tal ? – pregunta mentres pousa as chaves no moble auxiliar da entrada –
- Ben, ¿ e ti ? Di o home.
- Cansa – contesta -.
- Ola má !. Estou facendo deberes con pá – di o fillo -
- Ben chuliño – Agora estou contigo.Vou cear un pouco de tortilla que quedou feita da mañá, mais antes voume lavar as mans que ben parece que teño algo semellante a terra baixo as unllas.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2012 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web