O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ridículo

No restaurante unha flor para agasallar ao amor, logo paseando a sobremesa por prazas e rúas decoradas con cartóns corazóns facían da vila de Caminha a lembranza mercantilista do San Valentín. Baixo a Torre do Reloxo, unha rapaza convídame a escribir algún verso de amor nun cartón vermello, eu escéptico e ridículo, mentres ela bota man dun libro da mesa de exposición da que é responsable, e le non sen antes presentar ao poeta. - Vou ler un poema de Fernando Pessoa – di.
Tódalas cartas de amor son
ridículas.
Non serían cartas de amor si non fosen
ridículas.
Tamén escribín nun tempo cartas de amor,
como as demais,
ridículas.
As cartas de amor, si hai amor,
teñen que ser
ridículas.
Mais, ao fin e ao cabo,
só as criaturas que nunca escribiron
cartas de amor
si que son
ridículas.
Quen me dira no tempo en que escribía
sen darme conta
cartas de amor
ridículas.
A verdade é que hoxe meus recordos
de esas cartas de amor
si que son
ridículos.
(Tódalas palabras esdrúxulas,
como os sentimentos esdrúxulos,
son naturalmente
ridículas).





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web