O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Castelao BIC




Nós é un álbum de 49 estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918, estampas que amosan un gran realismo e preocupación polas condicións de vida do pobo. Inclúe ademais un autorretrato.
O contido do álbum apareceu primeiro en exposicións, a primeira na Coruña do 2 ao 22 de marzo de 1920. Posteriormente, expúxose nese ano en Madrid (setembro) e Ourense (novembro), en Vilagarcía de Arousa (finais de 1921), Monforte de Lemos (febreiro de 1922), Ferrol (abril), Pontevedra (maio e xuño), Barcelona (xaneiro de 1923), Vigo (xuño) e Santiago de Compostela (abril e maio de 1924).

A exposición do álbum Nós deu pé a numerosas conferencias e actos culturais ó seu redor nas cidades onde se presentou. No caso da presentación en Santiago serviu de feito para o recoñecemento oficial do Seminario de Estudos Galegos, coa presenza do máis selecto da intelectualidade galega e do propio arcebispo de Santiago, Manuel Lago.

O álbum Nos foi moito máis que un evento de arte. Foi o redescobrimento de un pobo, que leva o drama de vivir ás costas. Foi unha campanada, a máis forte e a máis fonda, que se deu na conciencia colectiva. Foi un estremecimento social que viría destinado a soerguer o esprito de Galicia. ?Valentín Paz Andrade
En 1931 editouse en libro, no prelo de Hauser y Menet de Madrid, cunha moi boa calidade. E en 1975, a editorial Akal, tamén de Madrid, publicou unha edición facsimilar.

No prólogo, asinado por Castelao en 1931, este insiste na actualidade da mensaxe que quixo transmitir con esta serie de láminas:

Cicáis hoxe atacase as nosas mágoas c'un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahí porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirveu de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade

Fontes: http://www.museocastelao.org
Galipedia


O Consello da Xunta decideu declarar Ben de Interese Cultural inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Buenos Aires 1950), unha actuación para protexer, conservar e difundir este legado que constitúe o patrimonio de Galicia. CASTELAO É MÁIS

Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 04-01-2012 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0