O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Restaurante Sabino

Sabino é un restaurante familiar, xeracional onde o que prima por riba de todo é o bo trato. Situado ao pé da praia de Sanxenxo conta cun comedor sinxelo e elegante de moderna ambientación onde o destacable é a luz en perfecta armonia coa cor.
A cociña de Sabino exprésase na mestura da experiencia da elaboración dos produtos tradicionais e o coñecemento adquirido polo estudo da creatividade, da modernidade, sen perda algunha da identidade propia da gastronomía galega.
Os peixes e mariscos que eles mesmos mercan na lonxa de O Grove son sen dúbida de extrema calidade e frescura, as carnes das que sobresaen o xarrete ou a perna de año ó forno, os arroces e risottos variados, as ensaladas de atún vermello ou vieiras laminadas, os escabechados, os cogomelos en outono pero tamén en primavera, a caza e a lamprea en temporada, forman parte da ampla oferta gastronómica deste restaurante.
A repostería é propia e suculenta con especial mención a crema de arroz, tiramisú, touciñiño do ceo e xeados cítricos.
Na carta de viños están presentes e ben seleccionadas as variedades autóctonas de brancos e tintos, así como outras denominacións de orixe de península, renovada esta con frecuencia con outros emerxentes ou de alta expresión.
Sabino é xa un restaurante referente nas Rías Baixas para os amantes da boa mesa.


Web do Restaurante Sabino
Comentarios (1) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 06-12-2011 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 sin olvidarse tamén da sabrosísima crema de castañas e#blgtk08# dos exquisitos chopiños daría. un lugar para repetir
Comentario por (10-12-2011 12:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web