O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dúas con algas

Crema de cenorias con espaguetes de mar

Para a crema: Poño un pouco de aceite nunha tarteira o lume e bótolle un pouco de fariña e porro cortado en xuliana, sofrito un pouco. Engado as cenorias cortadas e agua e deixo a cocer ata que están brandas. Retiro do lume e vou engadindo leite e batendo ata conquerir unha textura fina.
Para os espaguetes: nesta ocasión utilicei correas de mar deshidratadas da marca Porto-Muiños. Hidrateinas e sofritinas na tixola cunha cebola previamente pochada.

Berberechos con algas

Puxen os berberechos ó vapor e escuncheinos. Caramelicei unha cebola e engadín os berberechos, as algas e un pouco de auga resultante de ferver os berberechos. Neste prato utilicei unha lata de algas ( correas ou espaguete e golfo ou wakame ) da conserveira Peña.
Comentarios (0) - Categoría: Comidas e bebidas - Publicado o 08-08-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web