O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os bancos de pedra



Os bancos de pedra
Laura cumpre hoxe noventa e sete anos, viviu en Combarro ata os vinte e dous, tempo no que emigrou a América como tantos galegos naquela época. Bos Aires foi a cidade que a recibiu, que lle permitiu o desenrolo como persoa e unha vida cos seus, imaxino, non con poucas dificultades. Laura deixou en Combarro o seu pelo para que a imaxe da Virxe das Dores sexa peiteada nos días de festa e levou con ela un feixe de sentimentos. Lembra a Peregrina quen fixo un vestido a Virxe, a casa da súa nai preto da igrexa de San Roque e os bancos de pedra onde tantas tardes de conversa pasou no seu pobo. Non retornou. Natalia adora a súa avoa, ri con ela, é cómplice das retrancas da galega e aproveita da internet para visualizar con ela imaxes que despertan recordos de fai setenta e cinco anos. Feliz cumpre anos.
Esta presentación sobre Combarro e os bancos de pedra é o meu agasallo para Laura e para todolos galegos bos e xenerosos que aquí e alá, no cruce de camiños, sufriron, ficaron ou non chegaron.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-06-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

clocks for websitecontadores web