O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

2016

Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 01-01-2016 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mestura de Cogomelos

Preme aquí

Mestura de cogomelos
Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 28-11-2013 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cesto, navalla e móbil

O laboratorio de micología da Universidade de Vigo desenvolveu unha aplicación para teléfonos móbiles que axuda a recolectar setas de forma segura ofrecendo un catálogo cos 250 hongos máis comúns en Galicia, informou hoxe o citado centro académico.
Esta aplicación, deseñada para móbiles con sistema operativo "Android", permite aos amantes das setas distinguir con máis seguridade as especies comestibles das tóxicas, ata nos casos en que apenas un mínimo detalle as diferenza unhas doutras.
Trátase dun lector de claves dicotómicas, é dicir, que axuda a clasificar e subclasificar as especies de setas en función das diversas propiedades que se analizan: tamaño, cor, forma e outras.
De forma paralela a esta aplicación tecnolóxica, o laboratorio vigués, en colaboración co Grupo Micológico Galego, ultima unha base de datos en liña con máis de 2.000 especies de hongos identificados en Galicia, con datos de hábitat, localidade e data de recolleita nos últimos vinte anos.
Faro de Vigo 25 de outubro de 2012

Sobre o artigo do Faro, unha foto de exemplares novos da Armillaria mellea sacada fai uns días nun toco na ruta dos muíños da Freixa en Poio. Está seta e considerada unha asasina de arbores, neste caso o asasino foi o home.Descúlpese se foi para dar luminosidade a zona. Meu modesto móbil non ten nin unha cámara moi boa e moito menos sistema androide, polo de agora, pero sempre o levo co cesto e a navalla.
Comentarios (1) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 25-10-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Micetismos



Descripción dos síndromes e imaxes das principais setas tóxicas con música inspirada en micoloxía do compositor Dirk Brossé



Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 05-10-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Brincadeira de setas

Imos cociñar setas. O primeiro é limpalas e lavalas moi ben. É o traballo máis latoso pero finalmente gratificante. Poñemos o lume unha tixola cunha co aceite dunha culler e as setas para que a vez que perden a auga váianse facendo, salgámolas moi pouco e retirámolas a un prato. Na mesma tixola cun pouco de aceite de novo, refogamos allo moi picadiño e xamón en pequenos tacos ou lonchas, cando este a piques de dourarse, engadímoslle as setas e misturámolas, resultado, un saboroso salteado de setas que nos dispoñeremos a comer ben quentiño. Supoñamos que neses intres chaman a nosa porta unha parella de amigos que non van a rexeitar a nosa invitación, pois ben, arranxamos batendo catro ovos cun puñado de perexil picado e misturándoo co salteado, estariamos compartindo un suculento revolto de setas. Casualidade sería que dous espontáneos máis se uniran a nosa mesa, aínda así, resolveriamos abrindo unha lata de anchoas e de pimentos que coidadosamente pousariamos sobre o prato anterior e xuntos desfroitariamos dun delicioso e consistente prato de setas, ovos rotos, anchoas e pimentos do piquillo . As da foto, onte, non brincaron, xantámolas salteadas.
Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 11-12-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
SETAS COMESTIBLES DE PRIMAVERA

Na foto un posto de venda de setas no Mercado de San Xosé, A Boqueria (Barcelona) 24 abril de 2010.

Seta de Marzo. Hygrophorus marzuolus, ou agaricus marzuolus. É a primeira seta de primavera ou a última do inverno. A cor do sombreiro varía do gris branco o gris negro dependendo da idade . As láminas espraiadas recorrentes de cor gris clara azuada. O pé e curto branco con tons grises na parte superior. Tamén é coñecida como “seta das ardillas” xa que constitúe un manxar para elas cuxos restos axudan para a súa recolección.

Colmenillas, setas do xénero Morchella, tamén coñecidas morillas, cagarrias, crispillas, etc. .É das especies máis deliciosas. O sombreiro en forma de dedal alveolado semella a estrutura dos callos, facendo esta especie inconfundible. Contén hemolisinas, proteínas que rachan a membrana de eritrocitos, leucocitos e plaquetas polo que deben consumirse ben cociñadas xa que estas hemolisinas son termolábiles. Tamén se fala de que poden producir dúas clases de intoxicación máis sen relación co seu consumo en cru por unha banda un Síndrome cerebeloso leve e pola outra un Síndrome coprínico ao ser consumida con bebidas alcohólicas. É recomendable secala e logo consumila ben cociñada ou degustala en fresco pero non fartar dela, recomendación aplicable a tódalas setas comestibles.

Seta de San Jorge, Calocybe gambosa, Mucerón de primavera o Panadeira, Tricholoma georgii, Tullo, Lansarón, Perretxico, Ziza, Moixernó. Seu sombreiro primeiro é hemisférico despois faixe convexo con marxe encurvado, mide entre 6 a 15 cm de diámetro, de cor branco crema, asemellándose o cortezo do pan (de aí o nome de panadeira). Láminas son brancas tirando a cor crema, apertadas, estreitas, escotadas. O pé, groso, cilíndrico de cor branca. Medra en grupos nos prados e pasteiros, formando círculos, sobre todo en terreos calcáreos. A carne é branca, consistente e cun agradábel olor e sabor a fariña fresca. Moi bo comestible e moi cotizado. Non confundir con Inocybe erubescens , tóxica, síndrome muscarínico; nin con Entoloma sinuatum, cadro gastrointestinal grave.

Senderiñas, Senderuelas, Marasmius oreades.
De pequeno tamaño, ten o sombreiro , convexo cando é mozo e despois cun mamelón central. A color pode variar segundo a humidade e vai do crema branquecíño en tempo seco ao ocre-laranja cando é húmido, máis escuro no mamelón. As láminas son case brancas ou crema en exemplares adultos, moi espalladas e anchas. O pé é longo, delgado e fibroso da cor das láminas, que non é doado rachar . Olor agradábel a alméndoas e sabor suave. Non parasitada por larvas. Soen medrar en prados formando círculos (corros de bruxas) máis o menos amplos e a herba do corro soe parecer que está como queimada ou seca pola acumulación de nitratos. É doado atopala nos mercados e comercios có nome impropio de "moixernó". Secas constitúen un condimento moi apreciado para realzar salsas. Non confundir con marasmius collinus

Gurumelo , Amanita ponderosa. Sombreiro de 7 a 14 cm de diámetro, robusto, carnoso, inicialmente hemisférico, pasando por acampanado, aplanándose na vellez; Branco primeiro e logo tonalidades ocre-rosaceas. Cutícula fácil de separar, con restos de velo.
As láminas son apertadas, ceibes, de cor branqueciña a cremosa coa idade.
Pé, macizo, robusto, con anel delicado que desaparece rapidamente. Volva grande e moi chamativa, con forma de saco, moi persistente, normalmente manchada de terra.
A carne é compacta, branca, que o corte o contacto có aire toma tonalidades rosadas. Sabor agradábel. Dificilmente parasitada por larvas. Crece xeralmente, baixo alcornoques e aciñeiras en Extremadura e Huelva.

Outras que poden tamén aparecer en primavera dependendo das chuvias son : Russula vesca , Russula aurea, Pleurotus eryngii (seta de cardo), Pleurotas cornucopiae, Macrolepiota rhacodes, Cantharelus cibarius , Boletus edulis, Boletus erythropus, Agrocybe aegerita (seta de chopo), Agaricus arvensis.

Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 01-05-2010 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Setas e fungos

asi medran e morren
Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 10-12-2009 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sen identificar


A máquina está preparada, é cuestión de días, quizais de horas, xa non hai marcha atrás, irrecuperable, os cogomelos neste lugar van finar, non como tódolos outonos, senón para sempre. Na miña memoria, so unha das pedras da próxima construcción a modo de lápida cun epitafio frío, húmido e gris que di, adeus.
Estreo cun adeus unha nova sección no blog, na que pretendo escribir curiosidades sobre setas e tamén expoñer fotos delas sen identificar, coa intención de que algún experto, micólogo ou non, que se perdera en internet e chegase ata elas, colaborase neste proxecto que ben podería chamarse, troco navalla por cámara de fotos.
As fotos en FotoBlogoteca -- Sen identificar --

Comentarios (0) - Categoría: Cogomelos - Publicado o 09-12-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web