O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1959


1959 Annuntio vobis gaudium magnun.Habemus Meniño,habemos Kind of blue, habemus Jazz. Nacín con kind of blue, o disco máis importante do jazz e unha das grandes obras da música de tódolos tempos. O disco consta de cinco temas compostos e interpretados por Miles Davis, que para os non iniciados no jazz pode resultar difícil de escoitar, xa que esta composto con unha serie de improvisacións en escalas, chamadas modas, o cal da lugar a un desequilibrio auditivo que fai esquecerse da harmonía do tema. Pois para celebrar o noso cumpreanos vou contribuír a máis doada audición do disco baseándome no pé na porta, técnica de manipulación descrita por uns psicólogos franceses, que consiste en facer unha demanda pouco custosa que probablemente sexa ben aceptada, para posteriormente solicitar algo que de principio sería inaceptable. Escoita o primeiro tema varias veces, logo o segundo e así sucesivamente, para despois facelo de corrido e gozar desta obra de arte. ¿ cantas veces? Ah…. Un exame.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 30-08-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
A canción




Non lembro con exactitude a primeira vez que a escoitei, pero si cando a tiven gravada nunha cinta para casette.Foi Fernando o madrileño quen a traves dun amigo, que por aqueles tempos tiña o privilexio de ter a posibilidade de gravar de disco a cinta quen me agasallou o Beggars Banquet en cinta.Anos despois seguiámola cantando decenas de veces Pepe o valenciano mais eu no club sway casi casi nun perfecto ingles.
Sympathy for the devil
The Rolling Stones-Sympathy for the devil
Rock&Roll Circus
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 26-04-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

clocks for websitecontadores web