O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Campaneiros

O gran grupo de gaitas Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa elixiron estes hórreos emblemáticos de Combarro para a realización dunha das cubertas dos seus discos.Nesta ocasión un single do ano 1966 con catro pezas de música tradicional ( muiñeira, alborada, xota e vals). Escóitaos son únicos.

Durante este ano, tódolos artigos ou posted públicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo “ Combarro. Conxunto Histórico 1972 – 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.

01 - Muñeira de Albariña de Cambados by user8562746 02 - Alborada pequeña by user8562746

03 - Jota de aires gallegos by user8562746

04 - Vals picado by user8562746

BIOGRAFÍA DOS CAMPANEIROS
Foi polo ano 1926 cando os irmáns José e Ramón Valiñas Oubiña, naturais do Sixto, Vilagarcía, comezaron a actuar nas festas da zona co nome de Os Campaneiros. Na súa familia non había tradición musical e aprenderon a tocar cunhas frautas de cana que construíron eles mesmos. Logo mercaron un punteiro e metéronlle unha vixigade porco (para que fixera as veces de fol) e un soprete. O padriño de José, ó ver que o rapaz tiña afección e dotes, regaloulle unha gaita grileira, mercada en Pontevedra a Poceiro, famoso artesán da provincia. Pouco despois, Ramón mercou outra igual, e foi entón cando comezaron a actuar para o público.
O nome de Campaneiros era o alcume da familia, pois un bisavó deles fora un dos fabricantes de campás de Arcos da Condesa (Caldas). O repertorio que interpretaron durante os primeiros anos de andadura estaba composto por pezas populares ou copiado dos gaiteiros da comarca.
Co tempo foron creando o seu propio repertorio, hoxe en parte recopilado en varias cintas de cassette e disco. A técnica que utilizaban é a que se chama, entre gaiteiros, semi-pechado.
Acompañando ós Campaneiros, coa caixa e o bombo, pasou moita xente polo grupo, pero quen máis perdura na memoria da xente e con quen gravaron os discos que teñen editados foron os irmáns José e Celestino, fillos de Pallamallada.
Foi no ano 1983 que a súa aldea natal lles fixo unha homenaxe popular, na que actuaron grupos como MILLADOIRO, FUXAN OS VENTOS, AIRIÑOS DO PARQUE DE CASTRELOS, OS ROSALES…e na que recibiron diversas distincións das mans do Presidente da Xunta, Real Academia Galega, Deputación Provincial, Concello de Vilagarcía, etc…, nunha xornada chea de emocións e lembranzas, durante a cal descubriuse unha escultura conmemorativa do acto. Meses despois, na Festa do Marisco no Grove, OS CAMPANEIROS ofreceron a súa derradeira actuación, pois a enfermidade obrigou a Ramón a retirarse. Ramón morrería un ano despois, mentres que José finou no ano 1993.
En contraste coa grande producción artística do grupo está a escasa obra que teñen gravada. O pasado ano o grupo de gaitas OS TERRIBLES DE AROUSA editaron un CD con 15 temas inéditos dos CAMPANEIROS e, próximamente, publicarase un libro coa súa biografía e obra, xusta homenaxe á que foi unha das mellores agrupacións de gaitas de Galicia do século XX.
Carlos Rei
Fonte www.treixadura.com
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-11-2012 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Coro Cántigas da Terra

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo “ Combarro. Conxunto Histórico 1972 – 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.

01 - Miñas cousas by user8562746 02 - Muiñeira by user8562746
03 - Alalá de Monterrey by user8562746

Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus
ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). Nun contexto de emoción e creatividade, produto do amor pola Terra, xermolan o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura... trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da globalización, nos que xa se albiscan síntomas de esquecemento e menosprezo cara ao propio. Ademais, a entidade axiña toma iniciativas importantes como a incorporación das mulleres (1921).
Ata o cruento golpe do 36, o coro mantivo unha intensa ligazón co movemento galeguista, mais
cando comeza a guerra son moitos os que se agochan, foxen ou son fusilados e Cántigas tivo que se adaptar ao novo réxime de ditadura. Con todo, manter o canto en galego e a negativa a integrarse na Sección Femenina simbolizan grandes logros nesta difícil circunstancia. Na altura, a agrupación floreceno musical e gaña popularidade, realizando multitude de viaxes e gravacións. Outro fito salientábel é que Cántigas consegue para Galicia o recoñecemento como nación celta dentro do II Congreso do Mundo Celta (Bretaña, 1954).
O repertorio constitúeno cántigas recollidas do imaxinario popular, moito antes de que a radio e
a televisión fixesen aparición nas casas; destacando nas harmonizacións creadas a sensibilidade e o respecto dos mestres polas músicas orixinarias. Outra boa parte xorde de compositores capaces de crear melodías xenuínas que logo foron adoptadas como propias polo pobo, volvéndose anónimas.
Hoxe Cántigas da Terra está formado, ademais do coro, por grupo de gaitas, grupo de zanfonas
e corpo de baile. A entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do País, no uso normal do nosa idioma e na interrelación entre as distintas disciplinas culturais, cumprindo o desexo dos seus fundadores.
Cántigas da Terra.
Coro Cántigas da Terra
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-07-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Camel alive



Aproveito a miña humilde colaboración con entradasdeconciertos.blogspot.com/, creado este co fin de expoñer unha colección de imaxes de entradas de concertos, coa do de Camel de 1981 en Pontevedra, que encherá un espazo en dito blog.
Camel actuou en dúas ocasións no Pavillón Municipal dos Deportes en Pontevedra. O primeira na xira do 1979 con Michel Chapman como teloneiro,concerto que recordo cun magnífico son. O segundo o cal corresponde a imaxe da entrada foi 22 de marzo 1981, un concerto que defraudou sobre todo os que asistimos o anterior; o son era malo e os músicos ben parecía que querían rematar antes de empezar a tocar, o cal non é de estrañar porque dous meses despois disolveuse o grupo. Camel, Andrew Latimer, volvería posteriormente con novos músicos, discos e concertos.
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 28-03-2012 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Trembra un neno


Hoxe celebramos o 175 aniversario de nacemento de ROSALÍA DE CASTRO " A poeta nacional".A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e varios concellos galegos súmanse a iniciativa de proclamar o 24 de febreiro como Día de Rosalía.

Abe Rábade o seu grupo e a cantante Gaudi Galego interpretan un verso da poeta contido no seu disco Rosalía 21.
O pé da porta únese a iniciativa e a promoción deste disco.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 24-02-2012 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Strollin

Chet Baker & Philip Catherine - 02 - Strollin by user8562746

Gravado no 7º Festival de Jazz de Muenster, Alemania en Xuño de 1985. por:
Chet Baker (vocals, trumpet); Phillip Catherine (guitar); Jean-Louis Rasinfosse (bass).

Aínda lembro a pancarta que anunciaba o seu concerto en Santiago no balcón do Pazo de Bendaña na Praza do Toural.Baker enfermou non tocou en Compostela, pero si o seu grupo con Phillip Catherine como solista, eso si, polo mesmo prezo.Impresionante concerto na eirexa de Santa Clara.
STROLLIN É UN TEMA PREFERIDO


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 11-01-2012 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un pé na porta




Escoitei conscientemente por primeira vez a Pink Floyd aló polo ano 1972, nunha das audicións no paraninfo do Instituto, que se facían os sábados. Lembro que no me gustou moito o que daquela chamábase música psicodélica, o Ummagumma pareceume un autentico coñazo de primeira impresión. Logo repasaríao. O The dark side of de moon prestoumo en casete orixinal Salvador, xa era outra cousa, tardei algún tempo en telo gravado en propiedade. Con “time” iniciamos algún guateque no garaxe da Andrés. Tiriririmm…..é o momento de entrar. Wish You Were Here trouxérao Paco de EEUU e escoitarámolo como audición no local do cine de Combarro . Animals escoitábao nos intermedios da preparación da coreografía que co tema de Sandokan que ía ser presentada nun festival na casa do mar de Raxó. Fallo do tocadiscos no día X, ¡ que putada! Escoitaba The Wall sen os últimos vinteún minutos, xa que a cinta onde o tiña gravado era de só sesenta. Agora todo nun novo disco recopilario. Un pé da porta.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 18-09-2011 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cocker Happy



Era unha , senón a primeira, das miñas visitas o Corte Inglés de Vigo. Foi de obrigado ir a sección de discos, coma aínda hoxe, comprei un único disco, o Cocker Happy. Sen dubida comprei un só pola falta de pesetas, daquela non tiña máis de dez LPs . Ignoro por qué o Cocker Happy, estaría de oferta. Escoiteino centos de veces.
O disco é un recompilar dos primeiros temas de Cocker do ano 1970 que incluía “With a little help from my friends”. Con este tema Joe Cocker, con Jimmy Page á guitarra e B. J. Wilson (de Procol Harum) a batería, chegaría alcanza-la fama.
“With a little help of my friends”, é unha versión reestructurada, máis lenta, estilo gospel, con introducción instrumental longa, dun tema dos Beatles pertencente ó “Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band”, composta por Lennon y McCartney e interpretada por Ringo Starr.
Tiven a sorte de asistir a un concerto de Cocker nos primeiros anos dos noventa no Estadio de fútbol Pasarón. Gozei nel.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-06-2011 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
E, L & P




Knife Edge é un tema que tiven gravado, xunto con outros, nunha cinta de cassette que daquela tiñan unha duración de 90 minutos; por unha banda Red Rose Speedway de Paul McCartney e pola outra Cosmos Factory de Creadence Clearwater Revival ou tamén por unha banda 45 minutos de Quadraphenia de The Who ( con ausencia dos últimos temas) e pola outra Journey to the Centre of the Earth de Rick Wakeman que lembre agora, xa que co enrolar e desenrolar, un día e máis outro, foron rompendo mais non por iso esquecendo, todo o contrario, son as músicas que quedaron gravadas na mente precisamente pola repetición das mesmas nunha época de suprema calidade musical no que o acceso a mesma era economicamente limitado. Moitísimo máis tarde souben que Knife Edge era unha versión que Emerson Lake & Palmer tivo a ben adaptar da obra a “Sinfonietta” do compositor checo Leos Janácek. Por certo a Sinfonietta volta a estar de moda grazas a última novela do escritor nipón Haruki Murakami co que comparto a afición pola música de jazz, el seica dende que asistiu a un concerto de Art Blakey e eu coas repetitivas noites de actuacións de Clunia Jazz no Dado-Dada.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 03-03-2011 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web