O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Avelino, Bautista e Castor


Os irmáns Cachafeiro diante dun panel onde se escenefica a Igrexa de Samieira e a Ría de Pontevedra, obra do artista e pensador galeguista Camilo Díaz Baliño.
Avelino Cachafeiro
Os gaiteiros de Soutelo en Combarro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2019 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Ramón Barreiro e Julia

Retrato de Julia, Luisa e Camila
Ramón Barreiro Barcala. Pontevedra


Ramón Barreiro naceu en San Cristovo de Remesar, cerca de A Estrada, emigrou a Estados Unidos e de alí foise a Cuba. Na illa caribeña, formouse como debuxante e traballou como ilustrador de imaxes en varias tabaqueiras decorando as caixas de puros. Despois, instalouse en México e abriu un estudio de fotografía na cidade de Puebla, onde fixo fortuna. Viña a Madrid con frecuencia e casou con Feliciana Vázquez coa que tivo tres fillos varóns, Enrique, Ramón, e Laureano, nados en España e unha filla, Carmen, nada en México. Coa revolución de Emiliano Zapata abandonaron México e instaláronse en Pontevedra no ano 1910, onde abre un estudio de fotografía na praza de A Ferrería, no mesmo local que ocupara o fotógrafo Francisco Zagala, unha fermosa vivenda, chamada a Casa das Caras.
Nos anos seguintes, Ramón Barreiro firma con Joaquín Pintos varias das mellores testemuñas gráficas da historia da cidade, mentres transmite os seus fillos o amor pola fotografía e o instinto pioneiro que o fixera saír de A Estrada décadas atrás. Ramón Barreiro Barcala finou en Pontevedra o 19 de setembro de 1930.
O seu fillo Enrique Barreiro (1899-1983) mostrase moi interesado na distribución de fotografías de forma masiva e iníciase na técnica do fotogravado. Despois interesaríase polo cine e polas imaxes en cor, desarrollando dúas patentes. Coa técnica cinecromo fai a súa primeira película, co argumento da teoría de Colón Galego. O estreo de "Pontevedra, Cuna de Colón" foi o 2 de maio de 1927 no Teatro Principal. Represaliado polo réxime franquista, trasládase a Madrid no 1940 onde monta un estudio fotográfico, regresando a mediados dos cincuenta a Pontevedra onde continua dedicándose a fotografía, pintura e escritura. Seu irmán Ramón Barreiro (1906-1981) montou con Enrique e o pintor Ramón Peña a produtora "Folk" coa que rodarían varios noticiarios entre eles "Por unha Galicia Nova" en apoio ao Estatuto de Autonomía. Por problemas económicos e familiares marcharía para Madrid en 1935, onde faría algún traballo para o bando republicano, rematada a guerra compensaría isto realizando o libro "Metralla blanca del Madrid rojo", tamén fixo varias películas documentais na década dos corenta. Dirixiu seu primeiro longametraxe, "El sobrino de don Búfalo Bill"en 1944 e tamén fixo varios programas para televisión.

O curioso deste "post" é que busquei en internet algún retrato tomado por Ramón Barreiro, para ilustrar a súa biografía e non atopei ningún.
Julia é a miña bisavoa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2019 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Federico Rivas



Federico Rivas en O pé da porta, a propósito de Combarro http://www.blogoteca.com/opedaporta/index.php?cod=109283
Expo 1929
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2019 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
"diolosdeixeir"

Fabiola saudando dende o peirao de Raxó
16 agosto 1961. Foto Rafa


Os reis de Bélxica, Balduino, que ía para cura e Fabiola que soñaba con ser a monxa máis rica dun convento de clausura, casaran en decembro do ano 1960 sen o mundo coñecer o seu noivado, Franco o ditador, dende O Pardo, déralles a bendición. Chegaron a Compostela o 11 de agosto do ano despois, hospedándose no Palacio de San Lorenzo, onde o primeiro que fixeron foi rezar na capela do mesmo. Continuaron ao día seguinte rezando no Mosteiro de Poio, viaxe que fixeran en coche dende A Toxa para escoitar a Salve Sabatina, seica se detiveron na praia de Areas para adaptarse ao horario da Salve, quizais rezaron. O 13 despois de rezar na celebración da misa na capela, desprazáronse a Portonovo onde embarcaron en iates acompañados dos condes de Saltés, tamén católicos, navegaron pola Ría entre Areas e as Ons pescando e rezando. Visitan a Catedral, rezan.
O 16 despois de orar na capela, Balduino viaxa en coche ata Moaña, embarca no iate "Pinzón", propiedade de Adolfo de la Peña xunto co Conde de Saltés, Marqués de Salinas e outros familiares, todos católicos, apostólicos e romanos, rumbo a praia de Liméns na ría de Vigo; síguenos de cerca o tamén veleiro "Santa Isabel" de Luís Roquefort e o "María Reyes" .Despois de xantar e rezar, embarcan todos no "Santa Isabel" dende onde se entreteñen co curricán que lles reporta varias pezas de robalo da Ría de Pontevedra. Desembarcan a última hora da tarde no peirao de Raxó, onde os esperaba a raína Fabiola e outros familiares, así como Luis Rocafort Martínez, Hermida Vidal e Adolfo de la Peña de Andrés Moreno, oradores todos. Momento este que recolle a foto de Rafa que ilustra esta crónica. A última hora da tarde trasládanse en coche de volta a Santiago. Acoden á Catedral, rezan. Visitan Salvora e tamén Ribeira. O 17 Balduino, despois de rezar, practíca esquí pola Ría, visita O Grove, el e os seus navegan ata Vilagarcía onde alí lle esperaba Fabiola para xuntos facerlle unha visita aos Duques de Torres, tamén católicos.
Volverían a Sanxenxo o día 19 e 20, navegando polos arredores de Marín, Tambo e Ons , onde presenciaron as competicións de motonáutica organizada polo Club Náutico de Sanxenxo e tamén o seguinte 21 onde Siorty saca unha reportaxe fotográfica que sería publicada ao día seguinte no xornal "El Pueblo Gallego"con texto de Manuel Tourón. O día 22 abandonan Galicia, non sen antes rezar, con destino a Zarauz onde ían pasar uns días, facendo unha parada de camiño en León para rezar. "diolosdeixeir"

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2019 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Acuarela de Raxó

Raxó, Ría de Pontevedra. Acuarela 40x52
Carlos Sobrino


Carlos Sobrino Buhigas, (de nome artístico Carlos Sobrino) nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, foi un pintor galego, irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.
Fillo de Luís Sobrino Rivas, dunha familia acomodada, de longa tradición artística na que destacou o pintor Enrique Campo do que era curmán.
De novo quixo estudar na Academia de San Fernando de Madrid. Por decisións familiares estudou Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant y Fischermans.


Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, recoñecido con mencións honoríficas en 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Buenos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura. Fixo importantes exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917).

Realiza ilustracións en xornais, revistas, libros e carteis. Viaxeiro por Galicia gusta da pedra traballada e de pintar recunchos: rúas, cruceiros, hórreos ou casas vellas. O pobo mariñeiro de Combarro é descrito nos seus traballos de arquitectura popular galega.
WIKIWAND
Boa elección, Carlos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2018 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mirador de Samieira


O Miradoiro de Samieira foi construído no ano 1929 dentro dos proxectos que o " Patronato Nacional de Turismo " ( 1928- 1936) organismo español predecesor da " Dirección General de Turismo " (1938 - 1951) e do " Ministerio de Información e Turismo" (1951 - 1978). Estes organismos terían coma fin, manter, restaurar e promocionar o patrimonio para dalo a coñecer tanto dentro coma fora de España. O PNT foi creado polo rei Alfonso XIII en 1928 nomeando como presidente a D. Diego Losada, marqués de Santa María del Villar, cargo que este non aceptaría, mais pola contra, deixaríanos un legado dun amplísimo e importantísimo arquivo fotográfico. Nestes primeiros anos de maior presuposto do PNT foi cando se lle encargou o deseño e construción do Miradoiro de Samieira ao enxeñeiro militar José de la Gándara Cividanes, nado en Vigo en 1880, que gozaba dunha gran cualificación profesional naqueles anos ata que no ano 1931 pasa á situación de reserva pola chamada Lei Azaña. En 1930 o afamado fotógrafo pontevedrés Joaquín Pintos toma unha serie de fotos no Miradoiro coa Ría como fondo, que son publicadas na revista gráfica "Vida Gallega". No 1931 turistas británicos desembarcados en Vilagarcía desprázanse ata Samieira para ollar a Ría dende o miradoiro. En 1934 a Junta do PNT distribue 2500 carteis publicitando o Miradoiro, sendo esta a etapa de máximo esplendor. Unha imaxe del foi incluída como cromo do álbum “Las Bellezas de Galicia” (nº6- serie 56), que fora o segundo álbum de cromos da colección “España turística y monumental” dirixido por Juan Gil Cañellas editado por "Edición Huecograbado de Bilbao" con anteridade a 1940. Despois da Guerra Civil o miradoiro comeza a caer no máis impropio dos abandonos e a vexetación perimetral impide o obxectivo para o que foi construído, tanto é así, que no ano 1965 é comentario nunha crónica xornalística de "La Noche" pola queixa duns turistas que ata alí foron, a propósito, en taxi. Durante máis de trinta anos o Miradoiro estivo esquecido polas entidades encargadas de conservalo, sendo unha plataforma de maleza e vertedoiro sen control. En 1995 un concelleiro do Partido Popular de Poio, presentou unha moción para que a corporación declarase como ben de interese a conservar o Miradoiro de Samieira, e que contemplase, o entorno da zona como de protección paisaxística. A zona obxecto de preservación sería a cota de maior altura próxima ao actual enclave do Miradoiro, naquel tempo, terreos que pertencen á Comunidade de Montes de Arén. Non sería ata 1998 cando o Concello e a Comunidade de Montes de Arén mantiveran reunións para dar unha solución o deterioro do Miradoiro. No 1999 é construído o Miradoiro na súa ubicación actual, no lugar do Potreiro, na beira da AP-9214, estrada que sube ata a Armenteira. Posteriormente foi reconstruído e rehabilitado, en varias ocasións, ata a súa aparencia actual.
Álbum de cromos
Revista
Joaquín Pintos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2018 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
¡NIN QUE SE ATREVAN! ¡VOLVEREMOS A FACELO !


A RAE di: "La grafía tradicional fijada en castellano es «Sangenjo», que no es traducción del gallego «Sanxenxo», sino su adaptación grafofonológica a la ortografía del español"."Fuera de usos oficiales, en español se recomienda usar la forma tradicional española del topónimo, que es "Sanjenjo"
Bolaño e os topónimos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-06-2018 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría no Camiño

Santa María de Castañeda. Arzúa. 1935
Foto Marina


Mariano Marina de Pablo (San Esteban de Gormaz, Soria, 1911-Madrid, 1984)
Comezou a colaborar no xornal Ahora ( Madrid 1930 - 1939 ) en xullo de 1932, e posteriormente na revista Estampa ( Madrid 1928-1938 ) desde xaneiro de 1933 até xullo do 1936. Foi membro da Unión de Informadores Gráficos de Prensa e traballou para a axencia Contreras y Vilaseca xunto a Almazán y Yusti. Durante a guerra civil estivo nas frontes de Andalucía e Extremadura e ilustrou as crónicas de Jesús Izcaray para o diario Ahora sobre a fronte de Madrid, a Cidade Universitaria, os bombardeos nocturnos e os incendios en Madrid. Entre as súas reportaxes en Ahora destaca o asalto o Alcázar de Toledo (26 de xullo de 1936). Estivo en activo até o final da guerra, sendo descoñecida a súa traxectoria posterior.

Así describe o cronista a imaxe (traducido)
Saímos de Melide e pouco despois atopámonos na estrada cun grupo de xentes que bailan. Celébrase a romaría de Santa María de Castañeda. Santa María de Castañeda é unha parroquia que pertence ao Concello de Arzúa. Nun raso adornado con follaxe e con papeis de cores, debaixo dunhas árbores, bailan ó son dunha banda de músicos, subidos nun pequeno palco. O público parece que está dividido: por unha banda abundan as mulleres e pola outra os homes.Bailan as parellas, como en tódalas cidades, o pasodobre con certas connotacións do charlestón ianqui. De cando en cando, para respectar a cor local, a música toca unha muiñeira, que no baile non se diferencia moito da xota ou do fandango.Cerca dos bailaríns aparecen uns frades gordos e ben alimentados. Dinnos que son pasionistas. Levan unhas placas brancas no hábito. Están alí, sen dúbida para dar o visto bo á festa. Deixamos a romaría, avanzamos rapidamente e unha hora despois ollamos ao lonxe as torres de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2018 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web