O pé da porta


O pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cándido Fernández Mazas

¡¡¡ BO NADAL !!!
Conta a lenda que só a mula negou o seu alento, ese bafo de calor e vida, ao cativo recen nado. E deus en castigo fíxoa animal híbrido. ¡ O malo foi que a deixase no mundo para tormento noso e que a permitira disfrazarse de home de vez en cando!

Cándido Fernández Mazas, nado en Ourense o 18 de decembro de 1902 e finado en Castro Caldelas o 15 de novembro de 1942, foi un pintor, debuxante, ilustrador e escritor galego.
Desde moi novo distinguiuse polos seus dotes de debuxante e ós doce anos abandonou os estudios para pasar por sucesivos obradoiros de pintura. Entrou en contacto con intelectuais e artistas locais aos que foi retratando e en 1922 comezou a colaborar co diario Galicia, facendo ilustracións, e na revista Alfar ata 1923, ano en que ilustrou Kindergarten, libro de poemas de Paco Luis Bernárdez. En 1924 comezou a colaborar con artigos e debuxos en El Pueblo Gallego e en 1925 como linoelista no diario La Zarpa. Coa axuda da Deputación de Ourense trasládase a París para completar a súa formación pictórica, volvendo catro meses máis tarde. En 1926 fundou, con Augusto María Casas, a revista Galaxia. En 1927 volveu a Francia de novo como bolseiro da Deputación e achegouse aos surrealistas. En 1929 dirixiu a parte artística da revista Gaceta de Galicia. Posteriormente trasládase a Madrid e colabora en distintas publicacións e actos culturais, á vez que envía colaboración gráfica e literaria á revista Escuela del Trabajo, de Ourense. Participou nas actividades culturales das Misións Pedagóxicas en 1933 por Galicia e Castropol e en 1934 nas localidades segovianas de Turégano e Cantalejo.

O comezo da guerra sorprendeuno no gabinete de prensa de Gobernación en Madrid e en 1937 desprazouse a Valencia. Colaborou na revista El Combatiente Rojo do POUM, e en Umbral. Foi detido polo exército sublevado e liberado pouco despois. En moi mal estado mental e físico volveu a Penedo en Castro Caldelas, onde abandonou toda actividade plástica e intelectual.

A súa obra artística atópase dispersa. Ademais dos debuxos publicados en diferentes publicacións, pintou numerosos cadros. Podemos citar: Ventana al campo, Rapaza, Rumba, Ángel de la paz, un retrato de Luís Seoane e outros de Sebastián Martínez-Risco. Como escritor, ademais dos seus artigos periodísticos, publicou o libro Santa Margori (1930) e unha farsa titulada Los cuernos disparatados (1932). Tamén deixou preparado un libro de versos titulado Aleteia.
Wikipedia
A súa web
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 23-12-2019 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Luis Torras

"Percorrín España, visitei os pobos e encántame Combarro porque é unha marabilla. Emociónache ver lugares así", comenta. A localidade de Combarro será, por tanto, a súa última obra, da que xa ten perfilado o esbozo.

Luis Torras Martínez naceu en Vigo o 29 de decembro de 1912. Ten hoxe 105 anos sendo o decano dos pintores galegos con centos de cadros de paisaxes, bodegóns e retratos as súas costas. Estudou Belas artes na Escola de San Fernando en Madrid e dende 1954 traballou coma profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios en Vigo. Ademais de mans privadas, a maior parte da súa obra atópase en coleccións públicas de varios museos, sendo a Casa das Artes de Vigo onde se expón unha gran colección permanente que el mesmo donou ao concello de Vigo.

Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-02-2018 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fidel Castro Ruz

Cuba 1990. Opedaporta

As fotos, poemas,relatos,obras de teatro,debuxos,carteis,cadros,películas, documentais ,cancións, son hoxe e serano mañá , homenaxes que o arte rende ao extraordinario acontecemento da Revolución Cubana ,feitos e realidades imposibles de rebater.
Na memoria de Fidel Castro Ruz (Birán, 13 de agosto de 1926-La Habana, 25 de novembro de 2016)
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 26-11-2016 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Luis Pintos Fonseca

Combarro.1929. Oleo/tela. 70 x 80 cm. Museo de Pontevedra.

Luís Pintos Fonseca, nado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de xullo de 1959, foi un pintor e gravador galego.
Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara de Herminia Fariña e Os nenos (1925) de Filgueira Valverde. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres anos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En 1929 instalouse definitivamente en Pontevedra, onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas Cristal, Logos, Spes e Aturuxo. Vinculado ao Partido Galeguista, participou nas campañas de apoio ao Estatuto de Autonomía de 1936, para o que realizou un cartel propagandístico.

Durante a Guerra Civil Española refuxiouse no mosteiro de San Xoán de Poio, onde comezou a carreira eclesiástica, ordenándose en 1947. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á art déco. Entre 1944 e 1945 ilustrou a Guía Anuario de Pontevedra e as revistas Finisterre e Sonata Gallega.

Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
Wikipedia
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 11-06-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Abelenda Zapata

A Rualeira (Combarro) 1942.Óleo

Manuel Abelenda Zapata, ( A Coruña 1889 - 1957 )
Nado nunha familia moi humilde e iniciouse en traballos artesanais antes de entregarse á pintura; os únicos estudos relacionados con esta arte fíxoos na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal a partir de 1903, na que pronto destaca e obtén os modestos premios da época. Cun complemento económico concedido polo Concello da Coruña e mais a Deputación Provincial viaxa en 1909 a Madrid, onde se integra nos ensinos do Círculo de Bellas Artes. En 1913 viaxa aRoma para estudar na Academia de España, como bolseiro da Deputación, pero regresa a España ó ano seguinte.
En 1923 casa con Obdulia Freire Mariñas, unha moza de Perillo (Oleiros), onde fixará a súa residencia ata o momento da súa morte.
A partir deses anos realiza numerosas exposicións en cidades galegas (A Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago etc.), Madrid e Barcelona, sendo considerado pola crítica da época un dos primeiros intérpretes da paisaxe galega. Novamente, cunha bolsa da Deputación coruñesa, viaxa a Italia, Suíza e Francia en 1930.
A Guerra Civil sorpréndeo en Madrid, onde se atopaba opositando a unha cátedra de profesor de debuxo, e permanece en Madrid ata 1939, data na que regresa á Coruña.
Continúa participando con éxito en diferentes exposicións (Vigo, 1940; Madrid, 1941; Barcelona, 1942; Oporto, 1942; Bilbao, 1945 etc.) e recibe terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1943, polo seu cadro Mañana de octubre desde mi estudio. É nomeado académico de número da Academia Provicial de Belas Artes da Coruña (1941) e académico correspondente da Real Academia Galega (1946).
En 1957 morre repentinamente na súa casa de Perillo.
A súa obra móstrase en Europa e América, de feito, en museos de Sudamérica figuran obras súas, así como no de Arte Moderna de Madrid e nos de Galiza.
Abelenda foi por completo alleo a todas as innovacións europeas do seu tempo. Pola contra, apegado á paisaxe da súa terra, interprétaa con modos técnicos emparentados coimpresionismo e cun sentimento lírico intimista, de raíz literaria.
WIKIPEDIA
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 14-05-2016 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
José Ortiz Echagüe

Hórreos . Combarro. Primeira mitade do s.XX

José Ortiz Echagüe, ( Guadalaxara 1886 - Madrid 1980 ), foi un enxeñeiro militar, piloto e fotógrafo español.
No campo da fotografía artística é quizais o fotógrafo máis popular e un dos máis recoñecidos internacionalmente. En 1935 a revista American Photography considerouno un dos tres mellores fotógrafos do mundo. Algúns críticos considérano o mellor fotógrafo español ata o momento, o cal é máis meritorio porque a fotografía foi unha afección á que dedicaba intres libres, especialmente os fins de semana e durante as súas viaxes. Desde o punto de vista artístico e pola súa formación e temática poderíaselle considerar o representante da xeración do 98 na fotografía. Adóitaselle encadrar dentro da corrente fotográfica do pictorialismo, sendo o mellor representante do chamado pictorialismo fotográfico español, aínda que esta denominación non lle gustaba a Ortiz Echagüe. A súa obra fotográfica enfocase cara á plasmación dos caracteres máis definitorios dun pobo: os seus costumes e vestimentas tradicionais e os seus lugares. Consegue expresar coas súas fotografías unha expresión persoal máis próxima á pintura, case sempre mediante efectos durante o positivado.
El mesmo fixo unha clasificación das súas obras ao agrupalas en catro libros: Tipos y Trajes (1930), España, Pueblos y Paisajes (1939), España Mística (1943) e España, Castelos y Alcázares (1956). A estas coleccións débense engadir outras dúas series: Marruecos e fotos familiares.
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 22-04-2016 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Alfredo Souto Cuero

Praza da Fonte. Combarro. 1904
Imaxe da pintura de Alfredo Souto Cuero recollida na revista "La ilustración española y americana"


Alfredo Souto Cuero nado en A Coruña 1862. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Alternou seus estudos de leis cos da pintura na Escola Superior de Pintura e Escultura de Madrid. Foi discípulo do pintor, temén coruñés, Román Navarro.
Concurre as Exposiciòns Nacionais de Belas Artes, nas que consiguiu condecoracións nas de 1899 e 1901, e terceiras medallas nas de 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde reside pola súa condición de maxistrado.
Ocasionalmente resideu en Lugo e en A Coruña, e dende 1920 en Sevilla. O seu rastro perdese nos últimos anos de súa dilatada vida. Falece en Sevilla en 1940, cando seu fillo Arturo Souto Feijoo, o máis grande pintor da Galicia contemporánea, atópase exiliado en México como consecuencia da guerra civil.
La obra de Souto Cuero atópase en museos de Galicia e de outras cidades de España, así como en importantes coleccións particulares. Son notables a Paisaxe de Cañotas (Museo Provincial, A Coruña), así como o Retrato de Antonio Cánovas del Castillo (Casa Consistorial, Vigo).
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 27-03-2016 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Castro Gil

Praza de San Roque.Combarro.
Augaforte.Manuel Castro Gil


Manuel Castro Gil, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid en 1961, foi un gravador e pintor galego.
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo, iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. GALIPEDIA
Comentarios (0) - Categoría: Persoeiros - Publicado o 05-03-2016 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal

clocks for websitecontadores web