O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Expo 1929



A Exposición Iberoamericana de Sevilla no 1929 tiña como obxectivo a modernización de cidade, promover a reforma urbanística, promocionar o turismo e impulsar a mellorar as relacións cos países americanos. No Pavillón de Galiza había proxeccións cinematográficas, fotografías, folletos e carteis para dar coñecer monumentos e paisaxes co fin de promover o turismo. O director artístico foi o pintor Francisco LLorens que encarga a dezaseis artistas outros tantos carteis, dos que só se conservan dez en distintas Deputacións e Museos galegos. Tratase dun conxunto de temperas sobre papel de 125 cm x 100 cm cunha imaxe a cor co nome dun pobo ou cidade galega. Libremente cada quen escolleu o seu, así, Camilo Díaz Baliño fixo o do Cebreiro, Carlos Maside o de Vigo, Suárez Couto o de Mondoñedo, Martín Echegarai o de Baiona, Carlos Sobrino o de Pontevedra, Arturo Souto o de Betanzos, Francisco LLorens o de A Coruña e Federico Ribas o de Combarro. A importancia destes carteis radica no reto que supuxo para os artistas, xa que por primeira vez os nosos monumentos ían ser vistos por milleiros de persoas máis aló das nosas fronteiras. Era a primeira vez que Galiza promocionabase turísticamente. Sobre o autor do cartel que nos ocupa dicir que Federico Ribas Montenegro naceu en Bouzas, Vigo no 1890. Foi un dos máis importantes artistas gráficos e publicistas do panorama galego e español. Viviu en Bos Aires e posteriormente en París onde se dedicou o debuxo e a decoración traballando para distintas revistas . Cando a 1ª Guerra Mundial trasladase a Madrid onde colabora coas grandes revistas da época. Seus anuncios e carteis para as campañas publicitarias da industria de perfumería Gal, realizados a partires de 1916, sentaron las bases de la publicidade española. Tamén o contratan importantes editoriais como portadista de libros. En 1929 é director de unha grande empresa de publicidade. Durante a Guerra Civil exiliase en Bos Aires colaborando co grupo de Luís Seoane. Volve a España no ano 1949 e vive en Madrid, viaxa as veces a Galiza e pinta acuarelas co mar como tema, colabora con Faro de Vigo e coa revista Vida Gallega ata a súa morte en 1952.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 05-02-2012 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos, boa elección.

CARLOS SOBRINO BUHIGAS" [Pontevedra 1885 - Vigo 1978]
Debuxante, acuarelista e ilustrador de libros e carteis. As paisaxes, costumes e retratos supoñen a temática relevante do artista todo elo cargado de gran expresionismo. Gusta da pedra labrada, do antigo, e de pintar recunchos históricos ( rúas, cruceiros, hórreos, casas etc..) polo que non é de estrañar que elixira o pobo de Combarro para exemplarizalo como representación da arquitectura popular galega. A fotografia superior pertenece a unha obra de Sobrino, propiedade da Fundación Novacaixagalicia, titulada xenericamente ?Pueblo Gallego?, cando en realidade debería ter nome propio, ó ser un recuncho de Combarro, como o demostra a inferior de recente edición.

Angel Nuñez Sobrino , profesor de filosofía, fixo un excelente traballo de investigación sobre a figura do artista chamado ? Carlos Sobrino, el rigoroso mundo de la anotación? do que copio, tal é, un apartado titulado: CARLOS SOBRINO DESCUBRIDOR DE COMBARRO


CARLOS SOBRINO COMO DESCUBRIDOR DE COMBARRO
Si hay un pueblo (marinero) unido a la obra de Carlos Sobrino, ese pueblo es Combarro. Coinciden en él una serie de factores muy positivos y significativos.
Helos aquí:
1º/ Muy probablemente conoció Combarro por su cercanía con Pontevedra, y su noticia, como de un lugar pintoresco y atractivo, bien le pudo llegar por gentes que se allegasen a la casa paterna, y contasen cómo era aquello, y tanto clientes de su padre - que era médico- como gentes que por diversas razones se acercasen a la casa familiar.
2º/ Por informes de la Sociedad Arqueológica de Pontevedra, directos, gráficos, amplios y positivos, y muy en primer lugar por boca de su propio padre, quien, dándole estímulos, le hablaría de lugares atractivos.
3º/ Combarro, además, le proporcionaba una doble lectura referida a lo arqueológico/ arquitectónico mismo: el conjunto edificado y el detalle, un edificio entero y una particularidad
salida de él, acaso como un ornato en primer plano. De esta manera, Combarro se convierte en
enunciado y cifra.
4º/ Además de ser Combarro un pueblo lleno de atractivo por su piedra labrada, tenemos
que considerar que es un pueblo -en la evocación que nos interesa- vivo con su interesante
pulular de gentes, lo que nos llega de inmediato a la consideración del traje popular gallego.
5º/ Combarro como un pueblo con oficios de mar, y, también, con escenas de mar, con
dedicación humana al mar. Al respecto, y en gran formato, es obra maestra suya al tríptico que
representa escenas de pesca, un patín encalado, unas cerámicas que representan la mejor
tradición de Zurbarán y de Zuloaga, y un espléndido paisaje de ría... desde Combarro mismo;
también supo atender con plenitud lograda a la figura humana, y en este caso es su hija
Mercedes quien ha posado para tal escena.
6º/ Combarro se nos presenta como motivo y verdad para el paisaje, sin duda alguna. Conocemos un lienzo al óleo que es un paisaje de playa, tomado en posición desde una loma
cercana a Combarro: la plástica sugerencia de la luz. Podemos dar un año para la elaboración
seria de sus series de Combarro: 1912, pues tal es la fecha de un cuadro que regaló a su
hermano Ramón en 1914. Combarro también es para Carlos Sobrino lo opuesto a la
espontaneidad: fue siempre elaboración. Como una suite con resultados atrayentes
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 10-12-2011 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Volta Ciclista 2011


A volta ciclista ó paso pola vila de Combarro. Imaxes aéreas e terrestres de tdp.rtve e música de La fe de Manuela e Canilla Libre



Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-09-2011 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén eles


...grupos de gaitas e corais, importantes referentes da nosa música, elixiron estampas de Combarro para ilustrar os seus discos
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 17-07-2011 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os bancos de pedra



Os bancos de pedra
Laura cumpre hoxe noventa e sete anos, viviu en Combarro ata os vinte e dous, tempo no que emigrou a América como tantos galegos naquela época. Bos Aires foi a cidade que a recibiu, que lle permitiu o desenrolo como persoa e unha vida cos seus, imaxino, non con poucas dificultades. Laura deixou en Combarro o seu pelo para que a imaxe da Virxe das Dores sexa peiteada nos días de festa e levou con ela un feixe de sentimentos. Lembra a Peregrina quen fixo un vestido a Virxe, a casa da súa nai preto da igrexa de San Roque e os bancos de pedra onde tantas tardes de conversa pasou no seu pobo. Non retornou. Natalia adora a súa avoa, ri con ela, é cómplice das retrancas da galega e aproveita da internet para visualizar con ela imaxes que despertan recordos de fai setenta e cinco anos. Feliz cumpre anos.
Esta presentación sobre Combarro e os bancos de pedra é o meu agasallo para Laura e para todolos galegos bos e xenerosos que aquí e alá, no cruce de camiños, sufriron, ficaron ou non chegaron.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 08-06-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Lendas de Tambo I

Contáronme que daquela, sen precisar os anos, os veciños de Combarro con propiedades nela ían camiñando a illa dende Chancelas aproveitando a caprichosidade da natureza na formación das laxes e dunhas pedras, chamadas pasales, que dispostas para tal fin polo enxenio dos antergos permitían o paso naquelas augas máis profundas. O devalar da seca marcaría o horario de ida e volta, por iso as veces había que sementar ou apañar as patacas coa luz da lúa.
Este camiño por riba do mar rematou, disque, co inicio da construción da Escola Naval Militar, despois da guerra civil, desgusto para os de San Fernando de Cádiz que perdían a ubicación de tan loable departamento e desgusto para nós, pois por este motivo foi dragado ese areal e Tambo deixou de ser península.
Certo é que os feitos e as datas non coinciden, pero como a palabra vai de boca en boca como o vento vai de folla en folla, pasamos páxina do libro, Colección de frases galegas vol.1 de Frei Martín Sarmiento (1665 ? 1771) edición do lingüista galego Xosé Luís Pensado, que di ?Tambo ten figura dun túmulo ou tumba con dúas puntas. Unha oriental, con unha boca con moita profundidade, que olla a batería do porto de Marín, por onde entran navíos de liña e si na illa houbera un só cañon nin unha mosca inimiga atreveríase a entrar en Marín. A outra punta case occidental olla O Xunqueiro entre Samieira e Combarro cunha boca de pouca auga e moita area, pola cal non pode entrar navío moi grande. E alí é tradición que por aquela parte xuntábase Tambo coa terra e que aínda hoxe vense alí os pasales nas mareas mortas e que no antiguisimo non era illa senón promontorio.?
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 28-05-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Roque

Cruceiro de San Roque de Combarro incluido no libro ?As Cruces de Pedra na Galiza? (1949) de A.D.M.R.Castelao.

?falar de Castelao artista, político, home, e das
súas obras -o mesmo de "Os dous de sempre", das "Cruces", da súa
pintura, dos seus negros- fáisenos imposibel. Outros terán acerto.
R.Otero Pedrayo


A S CRUCES DE P E D R A P o r XESÚS CARRO (fraccións da testemoña de dor pola morte de Castelao.)

O noso egrexio Castelao, alma de artista e
pensador, non veu a imaxen da nosa Galiza nas
sonatas dos marmurios das carballeiras, nen
nos seus ceos, nen nas augas, nen na sua paisaxe,
nen na gaita..., senon nisas cruces de pedra
que se erguen nos cruceiros e que se atopan nos
camiños, nas corredoiras e nas prazas das aldeas
e das vilas...
Só un galego, un verdadeiro galego, pode
comprender a importanza do cruceiro nunha
encrucillada, no adro da eirexa, no monte, no
campo, ou acarón dunha casa?.
Por iso Castelao, un xenio, douse conta que
a i-alma de Galiza estaba naquelas pedras de
pedra: detrás do drama, habia tamén unha
res u reizón. E adicouse de cheo ao estudo desas
cruces, dun fondo simbolismo galego, irmán
das cruces de Irlanda e da Bretaña. Puxo todo
seu esforzo nise formidabre traballo: As cruces
de pedra na Galiza . Foi a sua derradeira obra:
o mellor testamento e programa que poido deixar.
Nise estudo está todo: o seu valer de artista,
de literato, de investigador e de filósofo?
Aquelas cruces de pedra son fitos de redenzón .
Museo de Pontevedra Colección Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-04-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
RAF


Rafael Alonso Fernández. Pontevedra ( 1924 ? 1995 )

Pintor internacionalmente coñecido sobre todo na técnica da acuarela. A súa obra está inspirada no cubismo e movementos posteriores evolucionando a un concepto persoal de marcada elegancia. Representa excelentemente tanto paisaxes urbanas como rurais, mariñas, bodegóns e retratos. O Museo de Pontevedra e o de Vigo ademais de outros Centros Públicos conteñen a maioría das súas pinturas. Na presentación admirase os cadros relacionados co pobo de Combarro.

Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 22-02-2011 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0