O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro de Jean Dieuzaide



Jean Dieuzaide ( Francia, 1921- 2003) foi un dos fotógrafos estranxeiros que se detiveron en Combarro para inmortalizar coa súa cámara escenas dos nosos recunchos e integralas, xunto con outras, en exposicións por todo o mundo, recoñecendo a Combarro como pobo de singular arquitectura popular galega.
Levou a cabo distintas viaxes por España dende principios da década dos cincuenta até os primeiros anos sesenta, por encargo da editorial francesa Arthaud. En Galicia estivo en 1958 e 1961, e realizou un extenso traballo por todo o seu contorno xeográfico. Percorreu cidades e aldeas, costa e montaña, para plasmar o que consideraba o máis auténtico da nosa terra e conseguiu o que agora se pode considerar como un traballo plástico e documento, fundamental para a nosa memoria visual e para nosa historia.
Facendo uso da definición máis xenérica da fotografía humanista, retrata a vida dotando á imaxe de unha estética que a aproxima o excepcional máis que ó meramente colidíano. Ollaba la fotografía como un medio para entrar en contacto col mundo,coa xente". Era un fotógrafo polifacético, interesáballe todo.
Jean Dieuzaide, posuidor dos máximos galardóns outorgados en Francia relacionados coa fotografía (premios Nadar e Niepce, entre outros) e a cultura (Oficial da Orde das Artes e as Letras), fundou en Toulouse en 1974 a galería Chateau d´Eau, un dos centros institucionais de difusión fotográfica máis destacados de Francia.

A súa obra está presente en coleccións da talla do Museo Ludwing (Colonia), da Biblioteca Nacional de Francia ou do Metropolitan Museum (Nova York).

Ademais de varios libros sobre España e Portugal (o primeiro editado en 1953) . As fotos sobre o texto son do ano 1961, e no mesmo publicou en París The Ways to Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-04-2014 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro 1929

Escenas de Combarro pertencentes a película Un Viaje por Galicia 1929

A mediados de 1929, o debuxante, fotógrafo e cineasta Luís R. Alonso, emprende unha viaxe por Galicia, por encargo das catro deputacións, para filmar as súas paisaxes e editar un documental para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla. Non remata o traballo, xa que morre catro meses despois, deixando o material sen montar polo que non se mostra na citada Exposición. É a longametraxe máis antiga e completa da paisaxe galega, única da preguerra. A película foi restaurada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en 1991. Ten unha duración de 105 minutos sen refugos.
No 2010, Pablo Gallego retornou aos lugares de filmación de Un viaje por Galicia? (1929), de Luís R. Alonso, e filmou Unha viaxe por... 1929-2009, en colaboración con el Colexio de Arquitectos.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-02-2014 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Realidade ou montaxe


Tiña está foto gardada no meu ordenador dende fai algún tempo. Cada vez que vexo a expresión do rostro da muller sinto a tristura que ela transmite.Parece ser unha modelo polos panos de festa e estando de festa ninguén pode ter esa cara,salvo as tallas dos santos ou santas neste caso.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 14-09-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Lotaría nula

O debuxo pertence o tema monográfico que ilustrou os décimos da lotaría nacional nos anos 1991 e 1992 chamado Arquitectura Popular Española.
Este sorteo constaba de doce series de 100.000 billetes cada unha, ao prezo de
5000 pesetas o billete, divididos en décimos de 500 pesetas, repartindo en total 329.500.000 pesetas. Premio especial de 246.000.000 de pesetas para unha soa fracción dun dos billetes agraciados co premio primeiro.
Como curiosidade o sorteo foi declarado nulo por orde ministerial publicada no BOE con data do día anterior ao sorteo.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-08-2013 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. O dos trinta hórreos.


Imaxes aéreas de Combarro recollidas do documental da RTVE chamado " España entre o Ceo e a Terra - Galicia, onde da a volta o aire " emitido o 2 de Xullo de 2013.Podes velo na totalidade en http://www.rtve.es/alacarta/videos/espana-entre-el-cielo-y-la-tierra/

Este é o texto que describe subxectivamente as imaxes : " Combarro, el de los treinta hórreos. Estas palleiras de paja antigua jueguan con los cruceiros de piedra que vigilan los caminos, aullentando a los malos espíritus y dando ánimos a las almas temerosas".

...a reflexionar....
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 03-07-2013 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Patrimonio Universal



A vez que o pobo de Combarro era declarado Conxunto de Interés Artístico e Pintoresco no ano 1972, a Real Academia Galega presidida por Sebastián Martínez-Risco Macías adheríndose a labor da Asociación de Amigos da Paisaxe de Llanes pronunciábase a favor da defensa dos hórreos. Con este acordo a RAG estimulaba as corporacións públicas, entidades culturais e propietarios dos hórreos a promover a súa conservación e defensa dos mesmos, argumentando o interese como elemento tradicional da paisaxe do norte e noroeste da península, ofrecendo a súa colaboración e facilitando a información dispoñible.

O video hórreos de Combarro forma parte do NODO nº 1559B do 20 de novembro de 1972 filmado inmediatamente antes da declaración de conxunto histórico que posteo por suxerencia de Andrés. Ademais engado a URL onde se pode ler a reportaxe do ABC ? El hórreo a traves del tiempo? de José Manuel Gómez- Tavanera, profesor, arqueólogo e autor de varios libros que participou no I Congreso Europeo sobre o hórreo na arquitectura rural celebrado en Santiago de Compostela no 1984 que tería como obxecto final a petición a Unesco de declarar os hórreos Patrimonio Universal.


http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1973/04/19/087.html
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 13-02-2013 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada pola Rualeira


Un día de festa, unha mañá soleada. Tres clarinetistas, bombo e tambor por diante e gaiteiro atrasado camiñan a paso longo pola Rualeira, tocan unha alborada, quizais unha muiñeira ou un valse, ¿ quen sabe?. O sol dalle de fronte, igual que á nena que os observa dende a parte superior da escaleira e que se autoprotexe co antebrazo esquerdo; mentres a nai, ou irmá maior, olla os músicos, descansando os cóbados no marco da ventá da mesma casa, sobre unha prenda de roupa que non tardará en estar seca. Cara a Rúa Cega, entre un montón do que parecen herbas formando maios, a muller de loito, ri, deténdose ao velos pasar. Pronto continuará o seu camiño. O neno pequeno sigue o máis maior sen facer caso a marcha musical, eles teñen outros plans, van en dirección a praia. No segundo plano unha familia formada pola muller cun neno no colo que mira, a súa irmá bailar cos brazos en alto e na esquerda dela, o outro fillo con intencións de continuar seguindo aos músicos . Está muller e o gaiteiro miran a cámara, aínda que o fotógrafo no cae na conta dese ollar no momento do CLIK.


Atopei esta bonita foto ollando o libro ?Albores de Sanxenxo Vol II?, magnífica recopilación de fotos antigas do concello veciño, editado pola Asociación Cultural Abiñadoura. Baixo ela o subtítulo ? Alborada da banda de música por Padriñan. Festas de Sanxenxo. Ano 1957?, é un claro erro de documentación ou de impresión. Alborada pola Rualeira. Combarro, sería o correcto. ¿Coñecedes alguén? Namentres, disfrutade dela.

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
Comentarios (1) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-10-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro dende o ceo


Presentación con fotogramas e videos aéreos de Combarro pertencentes os programas ?Conecta España? e ?Volta Ciclista a España? que foron emitidos o 10 de xullo de 2012 e o 29 de agosto de 2012 respectivamente por RTVE, acompañada da música de Luar na Lubre.

Durante este ano, tódolos artigos ou posted publicados en O Pé da Porta e que estean relacionados directa ou indirectamente con Combarro, levaran o logotipo ? Combarro. Conxunto Histórico 1972 ? 2012 a propósito da Conmemoración do 40 Aniversario.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 01-09-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0