O pé da porta


A pé da porta é un lugar da parroquia de Combarro.Concello de Poio.Pontevedra.Galiza.

O meu perfil
combaraxo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Combarro. FRANCISCO ZAGALA


Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo galego que pasou toda a súa carreira en Galicia
Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.
A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Grazas á doazón dos seus fondos para o Museo Provincial de Pontevedra dispoñemos de moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no chamado Arquivo Zagala.
En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra. Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra..
O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994, pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010 co título de Telón de fondo.

Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 06-03-2015 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
60 fotos de Combarro


Presentación de fotos antigas de Combarro da primeira metade do século XX, copias de orixinais de varios fotógrafos profesionais e afeccionados, animadas co tema "Apartaio" do grupo de música tradicional TREIXADURA, letra de Ramón Marín e arranxos musicais de Paulo Nogueira. Tódolos dereitos son de Treixadura.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-02-2015 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Las Bellezas de Galicia. Combarro

Na foto a páxina do álbum que ocupa a serie 46 correspondente a Combarro.

?Las Bellezas de Galicia? é o segundo álbum de cromos da colección ?España turística y monumental? dirixido por Juan Gil Cañellas editado por Edición Huecograbado de Bilbao. Está formada por 525 estampas en blanco e negro divididas en 60 series: escenas do campo, das feiras, romarías, portos, pazos, castelos, fontes etc...Participan nesta colección fotógrafos da época: ELISARDO ALVARO VIDAL de Vilagarcía, SATURNINO CAL MUIÑOS de Redondela, ELADIO CORNIDE de Lugo, PEDRO FERRER de A Coruña, ARTURO F.DEL VALLE de A Guarda, BERNARDINO GONZÁLEZ de Ferrol, CARLOS GRIMMlCH de Vigo, RAFAEL LORENTE de Pontevedra, ANTONIO LLOBET BISA de A Coruña, M.MAOUlElRA de Marín, JOSÉ PACHECO de Vigo, JOSÉ MARÍA PINA de Vigo, ISIDORO PRADA de Vilagarcía, MANUEL VAZOUEZ SEIJAS de Lugo e CANDIDO VIDAL de Ponteareas. Na cuberta de ?Las Bellezas de Galicia? aparece un debuxo firmado por Mel da Catedral de Santiago de Compostela. Non hai unha data exacta da primeira edición pero parece ser despois do ano 1933. Este sería o segundo álbum en importancia despois do publicado polo fotógrafo Luis Ksado : ?Estampas de Galicia? no 1936.

"Las Bellezas de Galicia" tería unha nova edición en 1966 da man de Cromoastur, esta vez a toda cor, baixo a coordinación de Luis Martínez Estrada e Juan Gil Lafuente. Está formada por 553 imaxes a cor,divididas en 45 series: SANTIAGO DE COMPOSTELA . A CORUÑA . O FERROL . POBLACIONS DE A CORUÑA . LUGO . POBLACIONS DE LUGO . OURENSE . POBLACIONS DE OURENSE . PONTEVEDRA . VIGO . POBLACIOES DE PONTEVEDRA . MONUMENTOS NACIONAIS . PRAIAS . CRUCEIROS . RÍAS ALTAS . PAZOS . SANTUARIOS E MOSTEIROS . PAISAXES DE RÍOS . CASTELOS . PORTOS . PONTES ROMANAS . RÍAS BAIXAS . ILLAS. As estampas son de Enrique Caballero e Paisaxes Españois para Cromoastur S.L.


Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-01-2015 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro Otto Wunderlich


Otto Wunderlich chega a Madrid no ano 1914, despois de vivir en Inglaterra e Francia, aínda que sempre mantén contactos con Alemaña de onde é nativo e Suíza, país natal da súa muller.
Dedicouse a fotografía de encargo, para revistas como Branco e Negro, A Esfera e O Mundo, editoriais de importancia como Espasa ou Labor; esta última, o ano 1928 publica a primeira edición da gran obra ?Xeografía de España? , da que Wunderlich é destacado colaborador.
Tamén fai traballos para institucións culturais vinculadas co turismo e para empresas como Hidroeléctrica Española.
Otto Wunderlich foi un magnifico técnico e artista que nos deixou un prezado documento artístico da realidade de España do primeiro terzo do século XX. Nas súas fotografías percíbese unha destacada sensibilidade polas instantáneas de xentes, paisaxes e monumentos. Estas de Combarro foron realizadas entre 1928 e 1936 cando o fotógrafo se desprazou por distintas vilas e cidades do Estado.

O pé da porta tamén en https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 07-12-2014 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo en particular e sobre Galicia en xeral de titularidade pública. Consta de placas de cristal, negativos, positivos e outros materiais en diverso formato ata un total de 100.000 imaxes entre os anos 1900 e 1970. A autoría das fotografías corresponden a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia. A adquisición prodúcese por contrato de compra aos herdeiros dos fotógrafos, en maio de 1991.
Na imaxe gif, unha serie de 6 fotos entre os anos 1930 e 1961 pertencentes o arquivo fotográfico do diario ABC ( levan marca de auga ) e 1 da praza da fonte datada en 1925 que é copia dun cromo.
Xaime Pacheco
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 12-11-2014 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. Arquivo Chamoso Lamas


A Real Academia Galega de Belas Artes conta entre o seu patrimonio con un magnífico fondo de fotografías pertencente á colección particular de D. Manuel Chamoso Lamas, antigo presidente da Academia. Esta colección adquirida pola Academia, co fin de comezar a recuperación de fondos gráficos da historia do Patrimonio monumental i etnográfico de Galicia, compónse de 10826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4814 fotografías positivadas, o que supón un total de unhas 15000 imaxes.

Podes ollar as fotos de Combarro incluidas no fondo fotográfico no enlace: http://www.academiagallegabellasartes.org/galeria.asp
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 19-09-2014 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro no Bildarchiv Foto Marburg





Bildarchiv Foto Marburg, fundado en 1913 polo historiador de arte Richard Hamann, forma parte da Universidade de Marburg e do Centro de Documentación da Historia do Arte Alemán. Con preto de 1,7 millóns de fotografías, é un dos maiores arquivos de imaxes do arte e da arquitectura europea.
O seu obxectivo e a recopilación, procesamento e distribución de fotografías de arte europeo e arquitectura, así como o estudio da historia mediante o patrimonio cultural visual, explorando os procesos de transformación dos medios, almacenando os coñecementos de forma visual, dando suma importancia a recordar a cultura da sociedade por medio de imaxes.
Por outra banda Foto Marburg apoia o traballo de documentación nos museos, nas oficinas dos monumentos, bibliotecas e centros de investigación. Coa publicación de datos de imaxes e con 80 institucións asociadas, o centro de documentación xermánico prestase a facilitar información a editores, directores, investigadores e a calquera persoa interesada.

A presentación das fotos de Combarro pertencentes o Bildarchiv Foto Marburg son obra do fotógrafo alemán Walter Schröder que fotografou durante os anos 1950-1971 obras de arte e arquitectónicas en moitos países do mundo.

O pé da porta tamén en Faceboock https://www.facebook.com/opedaporta.blogoteca
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 02-06-2014 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Combarro. Entre Pedras


Andrés, Diego e Milucha fálannos da tipololoxía das vivendas de Combarro e da súa rehabilitación no programa "Entre Pedras" que dentro do espazo "Vivir Aquí"foi emitido pola TVG o día 3 de maio de 2014. Podedes ver o programa enteiro en TVG a carta na páxina web da TVG.

O programa ven a mostrar a importancia do patrimonio como testemuña da evolución do noso pobo e a maneira en que debemos, individual e colectivamente, implicarnos na súa defensa. Tendo en conta que nós mesmos, o paso do tempo e os desastres naturais son os únicos agresores do patrimonio cultural, debemos concienciarnos de facer unha actuación proteccionista, desta forma garantimos a continuidade da nosa identidade, a nosa orixe e asegurámonos de que así se transmita as futuras xeracións. Coidar o noso e unha máxima, non debemos esperar a que os de fóra nolo recorden, polo que as institucións máis pretas tamén teñen ao obriga de velar pola protección,conservación e difusión do patrimonio ( independentemente da propiedade)
O patrimonio cultural somos nós, manuscritos, gravacións, películas, fotos, pinturas, esculturas, artesanía, gastronomía, conxuntos históricos e arqueolóxicos, monumentos, paisasxes, a fala, os costumes, tradicións, lendas e mitos, música e festas populares e máis e todo. Mira por el.
Comentarios (0) - Categoría: Combarro - Publicado o 09-05-2014 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

clocks for websitecontadores web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0