O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Viaxe a Barcelona

Luns 8-8-2011
Por fin chegou o día! Marchaba de vacacións a Barcelona. Marchamos da casa cara Santiago de Compostela coas maletas no maleteiro. Esa noite case non pudeira durmir polos nervios e entón, tiña sono. Cando chegamos ao aeroporto de Lavacolla facturamos as maletas e fomos a esperar a que nos chamaran para subir ao avión. Non tardaron moito e en pouco tempo xa estábamos a bordo.
O voo foi tranquilo e para aterrar en Barcelona pasamos entre as nubes.
O primeiro que fixemos ao chegar á cidade foi buscar o hotel no que nos íamos aloxar esa semana.
Pola tarde dedicámonos a coñecer un pouco Barcelona. Demos un paseo pola cidade e vimos as casas de Gaudí a Pedrera e a Batlló, a catedral de Barcelona, as Ramblas, a estatua de Colón...


Martes 9-8-2011
O martes collemos o metro cediño e dirixímonos cara o Parque da Cidadella. Ese día visitaríamos o Zoo de Barcelona. Pasamos a metade do parque andando e logo de esperar uns cinco minutos para coller a entrada, entramos no zoolóxico. Vimos loros, canguros, cebras, elefantes, xirafas, golfiños, serpes e demais compañía, leóns mariños... Pola tarde os monos, gorilas, orangutáns e mandrís esperábannos na zona dos primates e logo vimos os felinos: leóns, tigres, leopardos, panteras e ata un guepardo, que non e moi fácil atopalo en cautividade. E ao final, con toda a broma, saímos do zoo ás seis da tarde.
Despois demos un paseo pola Vila Olímpica e outro por unha praia de Barcelona chamada Barceloneta. Máis tarde collemos o metro e paramos na Praza de Espanya para ver a Fonte Máxica de Montjuïc, pero ese día non había un espectáculo de luz, cor e auga.


10-8-2011 Mércores
O mércores, despois dun almorzo mogollónico no hotel dirixímonos andando cara ao...

Camp Nou! O estadio do F.C.Barcelona!

Ese día tiña tantos nervios no corpo que case non me collían.
Para visitar mellor o Camp Nou, escollemos unha especie de recorrido polo estadio chamado Camp Nou Experiencie. Pasamos polas tres partes de bancadas que hai no campo, polos vestiarios, pola sala de prensa... Ata me puiden facer unha foto coa mesmísima Copa de Campións (Champions)! A pena foi que como estaban cortando o céspede non puiden baixar aos banquillos para ver onde se sentaba o entrenador Josep Guardiola. Vimos o museo da historia do Barça, onde tiñan expostas todas as copas e trofeos do equipo de fútbol, baloncesto, balonmán, fútbol sala, hóquey sobre xeo... E xa chegaba a hora de ir marchando do estadio. Iso si. Non marchei sen a camiseta da segunda equipación da tempada 2011-2012.
Despois de marchar do Camp Nou, decidimos probar a ir a ver a Sagrada Familia. Pero non demos entrado. Intentamos ir ao Museo da Música, pero xa pechara.
Pola noite fomos a ver un concerto de jazz no parque da Ciudadella.

11-8-2011 Xoves
O xoves intentamos ir á Sagrada Familia pero nada, non entramos. Así que fomos ao Aquarium de Barcelona. Tiña peixes, polbos, dragóns de mar, tiburóns, foi unha pasada. Tamén había unha parte chamada Explora que tiña moitas actividades. Incluso fomos por dentro dunha balea!
Pola tarde fomos a Montjuïc. Fomos en teleférico e vimos o museo de Miró e as instalacións olímpicas. Que pasada!
As fontes comezaron o espectáculo cuns chorretazos de auga enormes e logo empezou a facer "piruetas" de cores con auga que quitaban o hipo. Un bo recordo de Barcelona.


12-8-2011 Venres
O venres pola mañá fomos ver o Parque Güell. O problema foi que entramos por uns camiños de terra e iso deunos malas impresións pero logo... Mimá! Alucinamos! Por fin vimos o lagarto de cores que para min é moi bonito e algunhas casas de Gaudí.
Pola tarde vimos o museo MNAC que tiña varios tipos de arte: moderna, románica, barroca... Era bastante bonito pero tanto museo acabou por estouparme. Así que volvemos ver o barrio de Gracia coas casas Pedrera e Batlló.


13-8-2011 Sábado
O penúltimo día fomos ao Tibidabo, un monte que ten un parque de atraccións. Pola mañá fomos ao carrusel, ás cuncas, á mina de ouro que era un tronco que ía sobre a auga e no que te empapabas por culpa dos tobogáns. Foi unha das miñas atraccións favoritas. E a un castelo do terror que tiña trampas no chan.
Pola tarde fomos a un hotel do terror que daba moitísimo medo. Menos mal que fomos cun que xa sabía o recorrido e outro que non tiña medo que senón... non saíamos de alí. Tamén fomos ás cadeas e a unha especia de saltamontes.
Foi un día xenial!


14-8-2011 Domingo
O último día levantamonos cedo, collemos o avión cedo e chegamos cedo. Ao chegar foi como se todo fose pequeno. Foi pena que se acabase a viaxe pero aínda nos queda un bo recordo.
Comentarios (5) - Categoría: Viaxes - Publicado o 14-08-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal