O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cabalos

O outro día fun a Marín a ver á miña avoa e ao meu avó. Vin o Lago Castiñeiras e a mamoa do rei. O lago tiña parrulos e pitiños. Despois, mentres subíamos á mamoa fun ao parque onde confundín unha piñata cunha tirolina. En Marín tamén vin estes cabalos tan bonitos aos que lle saquei nove fotos. Logo subimos ao mirador de Cotorredondo, no que se vía a ría de Vigo, a de Pontevedra e a de Arousa. Vaia vistas!
Comentarios (1) - Categoría: Animais - Publicado o 23-08-2010 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Nafarroa


Este ano fun de viaxe a Navarra. Saímos o día 2 ás 8:25 da mañá. A viaxe durou polo menos dez horas. Ao chegar montamos a tenda e ceamos pizza no restaurante do camping. Despois fomos ao parque e demos un paseo por Erratxu. Ao día seguinte marchamos para Elizondo para buscar información sobre rotas de sendeirismo. Logo visitamos o Parque natural do señorío de Bertiz onde pasamos o resto do día e onde vimos un xardín botánico con secuoia e todo! Ao día seguinte fomos ao Castelo de Olite. Era un castelo enorme e rehabilitado. Tamén vimos Ujué unha vila moi bonita nun monte. O xoves camiñamos arredor do encoro de Irabia e vimos a selva de Irati: o faial máis grande de Europa. E alí vimos un río que nos separaba de Francia. Despois visitamos Saint Jean Pied de Port unha vila francesa fortificada na que tomei crepes con chocolate. O venres fomos ao Castelo de Javier. Alí vin ballestas, canóns e un castelo molón. Despois fomos ao Mosteiro de Leire e vimos o mosteiro cunha visita guiada. Ese mesmo día visitamos a Foz de Lumbier por onde pasaba un tren. Facía moita calor pero pese a todo vin un boitre. Ao día seguinte fomos ás covas de Zugarramurdi e de Urdax. As de Zugarramurdi eran covas das bruxas. Tamén había a ponte do inferno e unhas rochas de cores. Había un camiño que rodeaba a cova e nós entramos pola entrada segreda. Nas covas de Urdax fixemos a visita guiada con luz e son. Descubrimos que a estalagmita máis pequena que medía sobre tres centímetros tiña oitenta anos e naceu nun escalón.Tamén que pode ser que a música nacera nas covas, posto que unhas estalactitas tiñan son. O domingo fomos a Don Esteban onde fixemos o recorrido do Tren Chiquito. Pasamos por dous túneles e nun case non se vía nada. O luns fomos a Pamplona. Vin a Praza dos Touros e un ascensor que baixaba e subía en vertical. Tamén vin un señor que estaba facendo o escudo do BARÇA! Visitamos a rúa da Estafeta e comín melón con xamón e carne. En Pamplona vin unha tenda con artículos do señor dos aneis e a tenda Kukuxumusu. O martes fun a La rhune en Francia. La rhune é unhua montaña que se pode subir andando ou nun tren cremalleira. Había unha cola enorme e para subir no tren esperamos dúas horas e dez minutos pero ao final subimos. Vin cabalos e boitres e logo baixamos andando. Paseino moi ben! Pero á volta averiousenos o coche en León e tivemos que volver en taxi.
Comentarios (6) - Categoría: Viaxes - Publicado o 16-08-2010 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal