O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Remesar
Aparte de ir a Asturias tamén fomos a Remesar. En Remesar imos a unha casa de turismo rural na que están uns amigos. Todos os anos marchamos alí. Ten unha piscina e ás veces fago mini muíños de auga. Eu durmo no piso de arriba de todo. Este verán só nos quedamos dous días e unha noite. Esa noite comemos pizza e no cacho dunha amiga metemos picante. Púxose enfadadísima!
Tamén fomos ao Pazo de Oca. Ese pazo está cheo de plantas, estanques, fontes, árbores... É moi guai. Nun lugar fixeron figuras con plantas. Sabedes cal é a que máis me gustou? Nessie! O pazo non só é iso tamen ten unha igrexa e o pazo.


Aí vos van dúas fotos do Pazo de Oca. Á dereita a Casa Grande de Vilanova de Remesar. A que mola?



Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 28-08-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Asturias
Este ano fun de vacacións a Asturias. Fomos a dous campings un en Arenas de Cabrales e outro en Pola de Somiedo. Primeiro fomos a un camping que se chama Naranjo de Bulnes. Montamos a tenda e molou moito.
O segundo día andamos a rota do río Cares. A rota ía dende Poncebos ata Cain (León) Cansaba moito e entroume pánico pola altura porque eran uns canóns, pero era flipante. Vimos moitas cabras, delas dúas eran crias. Non fixemos todo a rota pero pasamos a León. Despois da rota do Cares fumos dar un paseo a Panes.
O seguinte día tamén fomos a Poncebos pero para montar nun funicular que é unha especie de autobús pero vai por un tunel. Ao estar arriba andamos ata Bulnes. É moi bonito. En Bulnes había un río e alí mollei os pés . Tamén subín a un mirador.Dende alí vin o Naranjo de Bulnes que é un pico. Ao baixar marchamos a Llanes a unha praia e Aldara coñeceu a unha nena. Ese mesmo día no camping eu fixen dúas amigas mellizas.
O xoves marchamos a Covadonga e vimos informacion do parque nacional dos picos de Europa. Non vimos os lagos porque habia neboa. Pero o resto foi flipante. Comemos fabada en Covadonga.
O venres fomos ao Muja que é o museo do xurasico asturiano. Había de todo: esqueletos, imaxes, videos, fosiles... Ese mesmo día visitamos Lastres que mola moito porque na praia da Griega hai pegadas dun dinosaurio!!!
O sábado recollemos a tenda e despedimonos das mellizas que se fixeran moi amigas nosas. Logo marchamos para Pola de Somiedo. Na viaxe paramos nun museo da prehistoria de Teverga. Traía moita información sobre pinturas e outras cousas sobre os nosos antepasados. Era moi chuli porque tamén había videos. En Somiedo asentamonos no camping da Pomarada. Ese mesmo día coñecemos a unha rapaza catalana e pasamos a noite contando chistes.
O domingo fomos a unha camiñata. Á volta iamoslle sacando fotos ás bolboretas. Á tarde fomos ver tres dos lagos de Salienza: o lago da Cova, o Calabazosa e o Cerveriz. Esa noite coñecemos a unha rapaza extremeña moi graciosa e pasamos a noite a contar chistes e a xogar ás agachadas.
Ao día seguinte vimos o lago máis grande de Asturias, o do Valle do Lago. Alí había moitas ras moi pequeniñas. Ao lago fomos andando e vimos moitas vacas. O percorrido era bastante longo. Marchamos e fomos ver unha aldea na que antes había vaqueiros! Esa aldea estaba nun lugar moi alto. Fomos a un mirador no que había unhas frechas con uns nomes de picos. As frechas sinalaban o pico.
E o martes recollemos a tenda e marchamos para á casa. Pero non marchamos sen visitar a praia das catedrais. Á praia das catedrais só se pode ir con marea baixa porque cando sube a marea inundase a praia. A praia das catredais chamase así porque hai pedras que teñen furados e parecen portas de catedrais.

Arrasou!!!!!



Comentarios (4) - Categoría: Viaxes - Publicado o 25-08-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal