Unha das mellores trioloxías cinematográficas que coñecín foi a do Señor dos Aneis, basada nos libros co mesmo nome escritos por J.R.R.Tolkien. Esta formada polas películas: "A Comunidade do Anel", "As dúas Torres" e "O Regreso do Rei". Estas tres películas tratan sobre a viaxe que emprenderá o hobbit Frodo Bolsón, cara a Mordor, a terra das sombras, o único lugar onde se pode destruír o Anel Único, arma que precisa o malvado Sauron para facerse co control da Terra Media. Pero para axudar a Frodo na súa perigosa marcha, Aragorn, o herdeiro do trono de Gondor, o istari Gandalf o Gris, os hobitts Sam, Merri e Pipin, o elfo Légolas, o anano Gimli e o Boromir, fillo do senescal de Gondor acompañaranno cara as terras de Mordor. A meu personaxe favorito é o elfo do Bosque Escuro Légolas.