O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Guía Do Perfecto Explorador
Na miña casa teño un libro que te ensina a equipaxe que tes que levar a unha excursión, cousas que debes saber e que facer cando estás en marcha. É moi util porque ensinache a saber que tempo vai facer, a hora grazas ás flores, que animal pasou polas pegadas... Como marcho de viaxe estoulle botando o ollo porque estarei nun camping e vou percorrer moitos sendeiros e pódeme servir de utilidade.
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 31-07-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Star wars
Esta película gústame moito porque ten acción e misterio. Hai batallas en planetas que non coñecemos e ataques de naves que andan por galaxias descoñecidas.
Os yedi son humanos, ou outras criaturas boas que teñen espadas láser de cor verde, azul ou violeta. O xefe yedi chámase Yoda. Algúns bos fanse malos.
Os malos son robots e outras cousas moi feas. Teñen espadas de cor vermello e queren matar aos yedi.
O meu personaxe preferido e Obi Wan Kenobi. Gústame por como e a súa forma de ser e como loita. Ten a espada de cor azul.
A música mola moito. O compositor chamase John Williams.
Aínda que só vin dúas pelis sei moito da peli porque algúns amigos danme información.
E XENIAL!!!


Comentarios (3) - Categoría: Películas - Publicado o 15-07-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
E agora un musical
Tamén fixen isto! Mola!

Toon

Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 14-07-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo invento
Mirade o que fixemos Aldara e máis eu fedellando nunha páxina chulísima para facer banda deseñada.


Toon

Comentarios (1) - Categoría: Deportes - Publicado o 14-07-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia
Pensando nas vacacions deste ano acordeime do ano pasado da viaxe a Italia. Viaxamos alí porque miña tía estaba en Parma.
Collemos o avión de Santiago a Madrid e de Madrid a Milan. En Milan collemos o tren cara a Parma.
En Parma vimos moitísimas bicicletas e motocicletas. Tamén vimos a Igrexa e o Baptisterio. Nas aforas visitamos un castelo que se chama Torrechiara. Tiña torres e vimos todos os cuartos e as cortes para os cabalos.
Un día collemos outra vez o tren e fomos a Bologna. Vimos unhas torres bastante altas e un parque alucinante.
Outro día fomos a Pisa. A torre de Pisa está moi inclinada e ao lado estaba a igrexa e o Baptisterio.
En Firenze vimos a cúpula e unha ponte con casas enriba dela. Subimos catrocentos sesenta e tres escalons para ver desde a cúpula. Era altísima!
En Venecia pasamos dous días. Durmimos nun hotel. Comemos pizza, xeados e pasta. Non subimos en góndola porque era moi cara pero viaxamos polos canais de Venezia en Vapporeto. Visitamos moitos museos e fomos a Murano. Alí fanse obxectos co cristal de Murano. Vimos como traballaban. Eu trouxen un paxariño de cristal.
Foi moi guai!




Comentarios (2) - Categoría: Viaxes - Publicado o 06-07-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Las crónicas de Spiderwick
Esta película gústame moito porque é divertida e de aventuras. Vinna na casa dunha amiga. Trata dun home que escribe un libro sobre os seres fantásticos, pero desaparece.
Unha familia múdase á casa onde está o libro e un rapaz atopao. Entón un ogro malvado intenta roubarlle o libro para destruir a todos os seres vivos. Ao final os malos que son o ogro e os seus axudantes morren.
Tédela que ver ou vela outra vez.

Mola!
Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 05-07-2009 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alucinante!
Este video mandáronmo por correo. Gravouse na Estación Central de Amberes (Bélxica), en plena hora punta. Deberon ensaiar meses ou anos moitísimas horas. Cando o vin por primeira vez quedei coa boca aberta.


Esta é a fachada da Estación Central de Antwerpen (Amberes).



Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 03-07-2009 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal