O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

San Xoán
O día 23 celebramos a noite de San Xoán. Pola tarde recollemos flores e herbas para lavar a cara o día seguinte. Collemos margaridas, rosas, lavanda, xasmín, tomiño, fiuncho, hortensias, follas de limoeiro e mandarineiro...
Pola noite fumos cear a casa duns amigos. Ceei berberechos, tortilla e churrasco.
Había dúas fogueiras, unha mediana que era ENORME e unha pequena que era máis grande ca min.
Saltei unha chea de veces fogueira pequechiña que preparou un home para min. Logo fixenna máis grande botándolle anacos dunha palmeira que podaran esa tarde.
Foi xenial!!!

Ao día seguinte lavei a cara coa auga de San Xoán.



BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.
Comentarios (2) - Categoría: Festas - Publicado o 30-06-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso!!!
O luns 22 de xuño no noso colexio acabouse o curso. Ese día a clase era de once a doce.
Fixemos unha festa na clase. Cada quen traía algo de comer ou un disco de música. Breixo, que é un dos meus mellores amigos, en cambio trouxo un MP4 con altavoces e todo! Eu levei uns gusanitos e olivas. Unha rapaza trouxo unha tarta de lambetadas enorme.
Antes do remate contamos chistes. Algúns eran dos máis vellos e outros eran dos que aínda se acaban de inventar. Aínda que sabía a maioría, rinme a cachón con todos.
As notas foron moi ben e para o ano estou en cuarto. Que guai!!!

Agora hai que descansar e vivir a vida loca porque estamos de vacacións! Pero en setembro... outra vez á escola.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-06-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
O principe dos ladróns
Na casa teño unha das miñas películas preferidas: O principe dos ladróns. É unha peli emocionante que cando empezas a vela engánchaste. Trata dun rapaz que escapou dun orfanato e foi a buscar a seu irmán, que estaba coa sua tía e o seu tío. Despois duns días chegan a Venecia e encontraos o Principe dos ladróns. Pero persegueos un detective que ao final faise amigo deles. Entón un conte pidelles que lle rouben algo... Non vos conto máis porque despois vén a parte guai.
Esta é a peli do libro que estou lendo.
Recomendovola!!!


Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 14-06-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
O SEÑOR DOS LADRÓNS
Estou lendo un libro que se titula El Señor de los Ladrones. Gústame moito porque é un libro de aventura, acción e misterio. Trata de dous rapaces que fuxen da súa tía que intenta separalos. Prospero e Bonifacio, que son os dous rapaces chegan a Venecia. Alí encontran esconderixo nunha pandilla formada por Avispa, Mosca, Riccio e liderada polo Señor dos Ladróns. A banda parece romperse cando un encargo os leva a unha illa que agacha un misterio.

Este libro escribiuno Cornelia Funke. Ela naceu en Dorsten en 1958. É pedagoga e ilustradora. Escribiu máis de catorce libros para nenos e xoves. Recibiu cinco premios de literatura Infantil e Xuvenil.



Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 14-06-2009 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
A mellor excursión
Hoxe fun coa escola á Coruña en tren a ver o Domus, a Casa das Ciencias e a Casa dos Peixes. Collemos o bus e marchamos para Santiago e montamos no tren ás 10:21. Na viaxe pasamos por túneles moi longos. O tren era unha chulada. Era un R-598 da empresa Renfe. Como todos os asentos do tren estaban ocupados tivemos que ir nuns asentos para os discapacitados. Por fóra había aldeas, bosques e construcións. Iamos a toda velocidade. Ao chegar collemos o bus outra vez e fomos á Casa das Ciencias. Nela había moitos tipos de ras e xogos. Un xogo de facer pompas de xabón xigantes, unha tormenta de area e moitos máis. Tamén había unha sala de medicinas.
O Planetario estaba na cúpula da Casa das Ciencias. Nel vimos unha peli sobre a evolución. O Planetario era grande e tiña no medio unha máquina moi estraña.
Logo marchamos ao Domus e comemos. Eu empacheime de comida.
No Domus vimos como era o corazón por dentro, a forza coa que tirabas un balón de fútbol, os olores... Non nos deu tempo a ver todo pero pasámolo moi ben.
No acuario había moitas especies de peixes. Na sala Nautilus vimos a Gastón e a Hermosa que son dúas quenllas. Tamén había focas e unha sala de especies velenosas.

Volvemos cansos á escola.

A mellor excursión!!!



Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 11-06-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Plutos- Secret
Nos xogos de acción de National Geographic hai un que a min e mais a Aldara nos encanta: Plutos-Secret. Trata de dous rapaces e un mono que percorren O Sistema Solar. Ao principio non entendíamos nada pero un día das festas do Pazo enterndemos e pasamos nivel. Para pasar de planeta hai que atopar un robot. Para mover pedras úsase o home do mono e para saltar a rapaza. Cambiase dun personaxe a outro dándolle á tecla que está debaixo da de Bloq Maius. Hai que coller o maior número posible de boliñas de cores e evitar os buracos de lume e unha cousa que ten unha luz verde que te resta vida. Se queredes xogar clicade aquí.



Comentarios (0) - Categoría: Animais - Publicado o 09-06-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua e muíños

Non me acordei de facer este artigo por iso o fago hoxe.
O día 12 de Maio de 2009 fun ao Correlingua e a ver uns muíños en Silvarredonda.
No Correlingua había moitos colexios e nós íamos vestidos cunha camiseta vermella e un pano branco. As actuacións foron: Benito Souto e a grumeta Quilla, a obra de Fantoche Bag e a música de Hugo Torreiro.
Comemos no colexio porque chovía. Tiñamos pensado comer no Monte Treito pero non puidemos.
Sobre as tres da tarde marchamos a Silvarredonda, alí había tres muíños, pero só un estaba funcionando. O que máis me gustou foi o reducio que é unha peza de ferro ou de madeira parecida a unha roda que leva radios sobre os que ao caer o chorro de auga fai xirar o muíño. Ao marchar quedáronos atrás catro profesores e cando demos a volta co autobús para buscalos xa fixeran autostop.
Chegamos ao colexio as seis e cuarto moi cansos pero contentos.

FOI UNHA EXCURSIÓN CHULÍSIMA!
Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 04-06-2009 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Cadros que merecen premios!!!!
O outro día deuseme por debuxar. A verdade que me quedei coa boca aberta co resultado, pero non é nada comparado con estes dous cadros de dúas persoas. Gústanme porque son coloridos e representan a natureza.
Todos me din que se sigo practicando serei tan bo
coma eles.

O xardín fixoo Claude Monet. Naceu en París no 1840. Pasou os seus últimos anos de vida en Giverny, xa cego.
O outro cadro non sei quen o fixo.






Comentarios (0) - Categoría: Arte - Publicado o 03-06-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal