Hai unha canción que me gusta moito. Chámase Oda ao futbolín. Cantábana os Diplomáticos de Monte Alto. Gústame porque a canción é divertida e trata do futbolín e como me gusta o fútbol... Ese grupo xa non existe porque se separaron. Un dos seus últimos concertos foi en Pontevedra e eu estiven alí aínda que non me acordo porque era pequeno. Este vídeo poñíano no Xabarin Club. Se eu fixera esta canción dedicaráalla a Manuel un neno da miña clase que lle encanta o fútbol.
El último Yeti é un libro que me encantou. Gústame porque fala dun animal misterioso e non sabemos se existe: o YETI. Trata dun neno e dúas nenas que van ao Tíbet a axudar ao Yeti. Teñen que escapar da asociacion (Raptor) que intenta coller o Yeti e á súa cría e levalas a un Zoo. Pero ao final consiguen escapar e deixar en libertade ao Yeti. Despois o home que os meteu en todo iso quería que axudaran á criatura que hai no Lago Ness. Imaxinadevos se querían volver a meterse en líos?
Tedes que lelo!!!!!!
Educaldea agasalloume cun selo violeta que se concede aos blogs máxicos. Púxenme moi contento.
Aceptar o Selo Violeta implica o cumprimento dunhas normas:
- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideramos que merecen este selo.
- Avisárllelo aos blogues indicados.
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinamos ter.
Eu claro que acepto o selo así que...
Mándolle un selo violeta a: Facemos música porque me encantaron os videos.
E a Músicaporuntubo porque é moi chulo e é o blog da miña profesora de música.
Agora os poderes:
- Poder ler os pensamentos dos animais.
- Viaxar no tempo.