O mércores pasado fun a ver Saltimbanco do Circo do Sol. Gustoume moito porque facían cousas espectaculares como subir a unhas barras facendo piruetas ou saltar dun columpio e dar volteretas. E tamén foi moi divertido. Xa teño ganas de repetir!
Se queredes ver a páxina oficial clicade aquí
Eu teño a película da Banda do Patio. Trata sobre unha pandilla dun colexio que polo verán marchan todos de campamento menos un. Pero un señor quere destruir as vacacións de verán e eles impediranllo.
Gústame moito!
Onte fun a ver os Muíños do Folón e do Picón. Din que hai mais de sesenta! Gustáronme moito os muíños e os paseos. E atopei cuarzo! Molou moitíííísimo!
O outro día collín o libro La Perla del Dragón. É o terceiro de S.O.S criptoanimais. Trata de que os irmáns Twist e a súa amiga Shaila van á illa de Yap para comprobar o estado de saúde do Señor do Lume e gardar o seu amuleto. Pero os da Raptor non se llo porán fácil.
Tedes que lelo.