|
|
|
X Aniversario da Escola de Música de Rianxo |
|
 Onte celebrouse no Auditorio de Rianxo o décimo aniversario da Escola de Música de Rianxo. Neste concerto, a Banda Infantil e a Banda da Escola, tocaron este repertorio:
Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo
Alborada de Ribadeo (Francisco Landín)
Dusty West Suite (Antón Alcalde)
Welcome, Amigo!
Stuck In Guacamole -(The Saloon)
Ride, cowboy really!
At the Campfire-(The Great Spirit form West)
Adios, Amigo!
Banda da Escola de Música de Rianxo
Sedona (Steven Reineke)
Pequeña Czarda (P. Iturralde) Solista: José Fungueiriño
Peza para timbais e banda (Anónimo) Solista: Ramón Pérez
Marcha Ceremonial (Antón Alcalde) (Estrea) |
|
|
|
O Ladrón de Soños |
|
 Este libro é o comezo da saga "O Mundo Secreto de Basilius Hoffman", unha colleción de libros de aventuras, acción e fantasía.
No primeiro libro, cóntase que un rapaz chamado Peter sae do internado polo Nadal para pasalo cos seus pais e que, como estes están ocupados, ten que pasar as vacacións na casa do seu tío Basilius. A el parécelle un aburrimento pero unha noite, inténtalle roubar o seu soño, e entón comeza para Peter unha aventura impresionante por descubrir que é o que traman uns malvados felinos. |
|
|
|
As Bruxas |
|
 Esta semana estiven moi enganchado cun escritor especial: Roald Dahl. Dos seus libros lin As Bruxas, un conto no que nos explica a historia dun rapaz que, tras ser atacado pola mismísima Gran Bruxa, convírtese en rato e ten que impedir que a todos os nenos lles ocorra o mesmo. |
|
|
|
Matilda |
|
 Este libro, tamén de Roald Dahl, trata dunha rapaza superdotada á que non lle fan caso e no cole ten que estar nunha clase dun nivel inferior. A única que a entende e a súa profesora, que a axudará para que teña unha vida mellor. |
|
|
|
Charlie e a Fábrica de Chocolate |
|
 Esta semana lin o libro de Roald Dahl Charlie e a Fábrica de Chocolate no que un rapaz pobre chamdo Charlie atopa un billete dourado nunha tableta de chocolate e pode adentrarse na inmensa e fascinante fábrica de chocolate de Willy Wonka.
|
|
|
|