O domingo 21 de Marzo foi o meu primeiro concerto coa banda pequena. Toquei Whale Warriors de (Brian Balmages) e Storybrook Mountain de (Robert Sheldon).
As dúas son moi bonitas aínda que me gusta máis Whale Warriors. Púxenme moi nervioso e ata sudei!
La Misteriosa Sociedad Benedit é un libro moi emocionante. Trata de catro rapaces que van a uns exames e despois, ao aprobalos teñen que ir salvar o mundo. Os meus personaxes favoritos son Reynard Muldoon e Kate Lasso. Tedes que lelo.