O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os irmandiños
Este é un xogo de rol que trata da historia da revolta irmandiña. Os irmandiños eran persoas que loitaban contra os nobres pola súa liberdade. No xogo de rol hai dous bandos: os irmandiños e os nobres. Alí os rapaces xogan, aprenden e pelexan nun dos exércitos e... hai que conquistar un castelo!!! Se queres ver a súa páxina clica aquí.
Eu quero xogar!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2009 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Os Goonies
Os Goonies é outra das películas que máis me gustan. Gustame porque é misteriosa e divertida. Trata duns rapaces que atopan un mapa dun tesouro e van buscalo. No camiño hai moitas trampas, pero eles supéranas todas. O personaxe que máis me gusta é Data. Gústame poque inventa moitas cousas como as luces, o esvarasola ou o puño de boxeo. Tamén aparece un monstro que ao final queda a vivir cun dos Goonies. A peli é moi bonita.
Este é un video da peli.


Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 18-03-2009 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Vilas
Hoxe fomos andando a Vilas coa escola. Fomos traballar sobre a natureza. Primeiro recollimos lixo e despois xogamos un pouco.
Vimos formigas vermellas que hai dous anos intentaron morder a un rapaz.
Comemos á unha. Eu atopei un sitio á sombra. Alí descansamos, saltamos á chepa, mollamos as mans e fixemos a tortura chinesa. E tamén o pino!
Ao mediodía e á tarde facía moita calor e íamos escarranchados polo camiño. Sorte que fomos ao parque da santa Lucía e bebemos na fonte.
A excursión molou moito e quero repetila!!
Comentarios (2) - Categoría: Viaxes - Publicado o 18-03-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido 2009
Este Entrido, paseino xenial! Este ano, na escola fun disfrazado de troglodita, no deporte choqueiro fun de indio americano e o día das carrozas de pirata.
A carroza que maís me gustou foi a de Asados e gañou o primeiro premio. No concurso, o día das carrozas, case nos toca un premio da categoría grupos.
Nalgúns lugares do mundo, teñen a tradición de ir disfrazados con disfraces propios. En Laza, saen os peliqueiros a rúa, en Verín os cigarróns e en Xinzo as pantallas. En Brasil, o entroido é a festa máis importante do ano. Saen as persoas disfrazadas e os músicos. Pero o que máis destaca son as carrozas! Nas carrozas hai bailarinas e caretas xigantescas penduradas. En Venecia tamén se fai un entroido moi chulo. As persoas levan caretas, túnicas e vestidos de época antiga e de arlequíns. Fan desfiles e disque tamén carreiras en góndola.
E en todos os Entroidos do mundo hai moita música.
Comentarios (3) - Categoría: Festas - Publicado o 01-03-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal