Sen dúbida ningunha, un dos meus deportistas favoritos é Juan Carlos Navarro, un xogador de baloncesto de Sant Feliu de Llobregat nacido o 13 de xuño de 1980. Pasou a maior parte da súa carreira no F.C.Barcelona Regal co que gañou 2 Euroligas e 6 ligas ACB entre outros títulos. Tamén forma parte da Seleción Española de Baloncesto coa que gañou dous campionatos europeos e un mundial. A única tempada na que non estivo no Barça Regal foi a 2007-08, na que probou sorte na NBA xogando no equipo dos Memphis Grizzlies.
Agora deixovos cunha espectacular actuación do xogador nas semifinais contra Macedonia do Eurobasket 2011.
Hai un tempo vin no cine a nova película de peter Jackson "O Hobbit" basada no libro de J.R.R. Tolkien, o autor do Señor dos Aneis. A historia trata sobre a aventura de Bilbo Bolsón, que partiu con trece ananos e un Istari (un feiticeiro) para recuperar Erebor (un reino que está no interior da Montaña Solitaria) das fauces do dragón Smaug o dourado. Nesta aventura Bilbo coñecerá á criatura Gollum e conseguirá o anel único, cousa que fará que se desencadeen os feitos relatados no Señor dos Aneis.