A fin de semana do 20-21 fun a de viaxe
cuns amigos. O primeiro día foi cando fun a Cabeza de Manzaneda. Na parte de abaixo desliceime un pouco na neve e logo subimos ao pico en telesquí. Arriba fixemos un boneco de neve. Ao baixar estaba enchoupado! Pero paseino moi ben.
O domingo fun ao Mosteiro de Montederramo. Ese mosteiro convertíronno nunha escola. Tiña un coro de madeira moi chulo. Despois fun ao Castelo de Castro Caldelas. Tiña unhas murallas, unhas torres enormes, un pozo, un museo... e unha catapulta! Molou moito!
Logo marchamos a comer a Parada de Sil. Despois do xantar xoguei ás agachadas e logo fun ver os Canóns do Sil. Era moi profundo e por iso deume un canguelo... Pero polo demais paseino xenial.
O outro día vin O valente Desperaux. Trata dun ratiño que non ten medo. Por falar cunha princesa bótanno aos calabozos pero consegue sobrevivir. Na biblioteca leu un libro de cabaleiros e fíxose un deles. Ten moita acción!
Hoxe na clase de música miramos unha peza de Albert W. Ketèlbey chamada Un mercado Persa. Temos un cacho da peza para tocar coa frauta. Tamén vimos o musicograma da peza!
Non vos parece que o pianista toca moi ben?
O domingo pasado fun ver un teatro na rúa dos Quinquilláns. Trataba sobre o mar e había un submarino, un faro e un capitán chamado Barba Branca. Tamén había estrelas de mar, raias, cabaliños de mar, robalizas... Gustoume moito.
Nestes cinco días de vacacións do entroido paseino xenial. Mais ben cinco días e medio porque o venres 12 non tiven clase pola tarde. Pasaron moitas cousas e gustaríame contárvolas. Comecemos:
Na nosa escola hai un meco ou toribio que manda cousas como por exemplo ir en pixama. Pero este ano mandounos ir de cociñeiros, de nadadores e de vellos. E o venres era o día do pasarrúas. Os de infantil ían de ovos fritidos, os de primeiro e segundo de coches, nós e os de terceiro de mexicanos e os de quinto e sexto de medievais. E cantei a CUCARACHA con meneo de cadeiras!
Cando queimamos o meco prendéronlle mais lume cun soprete e cunha pedra déronlle na fronte.
O sábado fun ao aniversario dunha amiga de mexicano e a unha cea de futbolista. O domingo fun ver unha obra de teatro, pero diso xa escribirei.
O luns fun ao Deporte Choqueiro de cavernícola. Xuntámonos cinco da nosa clase de cavernícolas. Había xogos como o brilé e o baloncesto.
O martes era o día dos inchables e molou moito. Fun de exipcio e Aldara de... non me acorda! Que celeblo! O que máis me gustou dos inchables foi a pista americana. Participei nun sorteo e non me tocou. Tampouco ningún outro ano. Pero paseino xenial.
O mércores era o enterro do Toribiño. Fun de vella pois había que ir de loito. Ben que choramos! E vaia estoupido fixo na queima!
Onte compramos un Cola Cao grande onde viña un monopatín moi pequeno chamado Rip Curl Skate. Ten as rodas vermellas e é de dous decímetros aproximadamente. Aínda que había que montalo merecía a pena.
La Montaña Embrujada é unha película que trata duns extraterrestres con pinta de humanos que van á Terra para salvala. Pero tamén hai uns humanos que queren estudialos e un robot coa misión de salvalos. Ten moitísima acción!
El secreto del lago Ness é da misma colección que El último Yeti, de SOS Criptoanimales. Esta vez van ás Highlands, Escocia, para comprobar o estado de saúde de Nessie e para salvalo dos da asociación Raptor.
Tedes que lelo.
Hotel para perros é unha película que mola mogollón. Trata duns rapaces que acollen a moitos cans nun edificio abandonado e que lles fan un hotel. Gustoume porque dá moita risa.
Esta canción forma parte dun proxecto chamado Playing for change no que participan músicos de moitos lugares diferentes interpretando temas que falan da paz e da convivencia entre os pobos. Esta é unha canción de Bob Marley e é imposible escoitala sen cantar, polo menos para min. Di que é hora de que todos os humanos nos xuntemos coma unha soa raza.
One Love, One Heart
Let's get together and feel all right
As it was in the beginning
So shall it be in the end
Let's get together and feel all right
Let them all pass all their dirty remarks
There is one question I'd really like to ask
Is there a place for the hopeless sinner
Who has hurt all mankind just to save his own?
Believe me
One Love, One Heart
Let's get together and feel all right
As it was in the beginning
So shall it be in the end
Let's get together and feel all right
One more thing
Let's join together to fight this Holy Armageddon
when the Man comes there will be no no doom
Have pity on those whose chances grove thinner
There ain't no hiding place from the Father of Creation
One Love, One Heart
Let's get together and feel all right.