Spirit é unha peli que me encantou desde que era pequeno. Gústame porque trata dun cabalo. Cando era pequeno poñíame a trotar pola sala cando corrían os cabalos. É divertida, triste e alegre. A música tamén é moi bonita. E podes aprender a debuxar a Spirit!
Unha das partes máis guais e cando persiguen a Spirit e a Little Creek, un indio. Ao final é algo triste pero acaba ben.
Spirit é un cabalo xenial!!!!!
En Xaneiro vin na tele un anuncio molón. Trata dun rapaz que vai a New York e pensa que todas as cousas americanas son mellores cas nosas. Pero un día entrou en razón e decidiu chantar cousas galegas en New York. Ao final boteime a rir porque é moi divertido.