 La Trastienda Batibaleno é un libro escrito polo autor de Ulysses Moore. Está ambientada nunha pequena vila de Escocia, Applecross, na que vive Finley un rapaz ao que, ao ter que repetir, terá que traballar no verán. Despois de buscar varios traballos que Finley poida facer sen estragar nada, adxudícanlle un posto de carteiro. Despois de que o repartidor rompera unha perna, Finley encárgase de levar unha carta a unha casa que non coñece. Ao entregar a carta coñece a Aiby, suceso que fará que a vida de Finley cambie repentinamente. |