O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Wayne e Lanny: Patrulla de Aterrizaxe
En Disney Channel, debido á celebración do Nadal, están emitindo capítulos de Nadal das súas series. Por exemplo, uns curtos que tratan sobres dous elfos de Papá Noel que teñen que revisar a casa antes de que Papá Noel entre a deixar os agasallos. Estes curtos titúlanse Wayne e Lanny: Patrulla de Aterrizaxe.



Este é outro curto dos da Patrulla de Aterrizaxe:

Patrulla de Aterrizaxe Enchedores de Calcetíns Operación O segredo de Santa
Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 29-12-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Patinei sobre xeo!

O outro día fun patinar sobre xeo a unha pista que instalaron na Praza da Guintana, Santiago de Compostela. Caín varias veces pero ao fin e ao cabo era a primeira vez que patinaba sobre xeo. Ao final, acabei pillándolle o tranquillo a iso de patinar.
Teño unhas ganas de repetir!
Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 27-12-2011 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias de Idhún I La resistencia
Hai uns días acabei o primeiro libro da trioloxía de Laura Gallego Memorias de Idhún. Este libro titulábase La Resistencia e conta a aventura de Jack e Victoria, dous rapaces que se unen a Alsan e Shail, un guerreiro e un mago que loitan contra o poder de Ashran o Nigromante. Neste libro, enfréntanse a Kirtash, un gran guerreiro que ten como misión acabar con todos os magos exiliados.
MOLA MOITO!!!
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 21-12-2011 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Buena Suerte Charlie Un Viaje de Película
Onte vin o estreno da película dunha das miñas series favoritas: Buena Suerte Charlie Un Viaje de Película. Trataba que, nun viaxe de Nadal a Palm Springs, Teddy marcha do avión obrigando á súa nai a seguila. E alí comezará a viaxe para estar coa súa familia na mañá de Nadal.

Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 17-12-2011 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Alegría Cirque du Soleil
Onte fun ver un dos espectáculos do Circo do Sol: Alegría. Estivo xenial e había espectáculos como un nunhas camas elásticas, uns trapecistas, uns paiasos divertidísimos, uns malabaristas de lume...
Encantoume! Foi unha pasada!


Comentarios (1) - Categoría: Arte - Publicado o 08-12-2011 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Arcanus
Hai uns días, acabei de ler o primeiro libro da serie Arcanus que está ambientado en Barcelona. O protagonista desta historia é Maddox que coa axuda da súa veciña e a súa bóla amarela da sorte, atopará ao segundo elexido para deter á sombra.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 03-12-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
The Mistery Team
Polo meu aniversario regaláronme o libro The Mistery Team, Cazadores de pistas y el misterio de las momias.
Trata sobre o Coronel Green, Anabel e Sparks que mentres están hospedados nun hotel de Londres, teñen que resolver un misterio sobre unha momia que anda solta polo Museo Británico.
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 03-12-2011 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
A Chave da Atlántida
Hoxe acabei de ler o novo libro de Anxo Fariña; "A Chave da Atlántida". Este libro foi o Premio Merlín de Literatura infantil 2011.
Trata sobre un home chamado Fran e a súa sobriña chamada Eva que se atopan cun ser humano artificial chamado A-cero. Con el viaxarán a Rabat para falar cun vello amigo. En Rabat descubrirán que a Atlántida, o continente perdido e ao mesmo tempo, o soño de Fran, emerxerá das augas nas Illas Cíes, en Vigo. Ademais de atopar a Atlántida teñen que escapar do xeneral Hiperión, que os persegue.
UN LIBRO FANTÁSTICO!
Comentarios (3) - Categoría: Libros - Publicado o 01-12-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal