O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bo Nadal

Esta vez só escribo para dicirvos que este Nadal o pasarei moi ben e espero que vos tamén. Así que...

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO 2010
Se queredes ver esta postal de Nadal clicade aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Arte - Publicado o 30-12-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Que animación!
Miña tía mándame moitas cousas. Esta vez clicade aquí se queredes saber que mandou. Ao principio clicade no pincel e comezará. Ao final podes decidir en que clicar.
Comentarios (1) - Categoría: Arte - Publicado o 28-12-2009 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
O dobre triplete!
Este ano o F.C Barcelona estivo de racha. Gañou seis copas!
En maio gañaron a Copa do Rei e a Liga. En Xullo a Champions. En Agosto a Copa de España e a Supercopa de Europa. E para rematar o ano en decembro a Copa do Mundial de Clubs. Foi unha pasada. A ver se o repiten o ano que ven.

Comentarios (4) - Categoría: Deportes - Publicado o 28-12-2009 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Zafarrancho en el rancho
Onte vin a película Zafarrancho en el rancho. Trata dun rancho que ten moitos animais. Un día danlle un papel que di que se non paga 750$ dentro de tres días terá que vender o rancho. Entón unhas vacas intentan atrapar un ladrón chamado Alameda Slim e a recompensa será de 750$.
Este cacho é cando Alameda Slim rouba o gando.

Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 28-12-2009 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
O planetario cefa
A miña tía polo aniversario regaloume o Planetario Cefa. É un planetario para nenos que ten unha esfera coas contelacións e os seus nomes que cando se encende a bombilla vese na parede do cuarto as contelacións. Tamén ten dous discos con información e un creador que fai cometas e meteoritos de luz. Mola moito.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos - Publicado o 28-12-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Unha semana especial
Esta semana foi unha semana especial. Foi especial porque en primeiro lugar déronme as notas e as saquei moi boas. En segundo lugar actuai na Gala de Nadal: O Aghinaldo con Vai de Roda. E en terceiro lugar, actuei no Concerto de Nadal da Escola de Música de Rianxo. Ademais foi a Noiteboa e veu Papá Noel ou o Apalpador ou o Olentzero ou o que sexa.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 27-12-2009 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Inventos
Papá Noel trouxome dous forros polares, o libro da Dama da Luz e o libro Inventos, que foi o que máis me gustou. Trata de inventos como a roda e internet. Explícache que é un invento, cando se fixo cada cousa e cales son os primeiros inventores. Tedes que lelo.


BO NADAL E FELICES FESTAS
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 26-12-2009 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
O detective Conan
O detective Conan ten seis anos e é moi listo porque antes era Shinichi Cudo, un famoso o detective. Pero un día, os homes de negro durmíronno e déronlle un veleno que o fixo encoller. Despois, Kogoro Mouri (detective) e a súa filla Ran atópanno e queda a vivir con eles. Cando hai algún caso, Conan durme a Kogoro e el di quen foi o asasino e que técnica utilizou. Se queredes ver O detective Conan poñede a televisión na galega dous ás seis e vinte da tarde.




Que ti e mais eu sexamos distintos é natural,
en ideas, en gustos
e estilos non coincidimos,
nada é igual.

Mais tanto ten se xuntos
buscámo-lo futuro con moito afán,
se o que ti queres no mundo é o
mesmo destino que eu desexo cada día.

E non te preocupes
se algo che vai mal,
pois vas ter contigo
un ser especial.

Ollos con misterio
e un corazón leal,
"true heart for
mystery eyes".

Quererte, amor,
e non perderte,
e ir da man desde
o solpor ó abrente.

E non me firas xamais por favor.

Busca a resposta
que vou ir tras de ti,
o medo conxura que estou ó teu lado,
e non dubides máis.

"Take your way".
Repítemo vai!
"Feel so all
in secret life".

Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 25-12-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
O último supervivinte
Bear Grylls naceu en Irlanda do Norte o 7 de xuño de 1974. O seu nome real é Edward Michael Grylls e traballa de autor e presentador de televisión. É un aventureiro profesional que ten tres fillos: Jesse, Marmaduke e Huckleberry. Agora ten 35 anos.
Presenta un programa que se chama El último superviviente que trata de que o deixan nun lugar inhóspito e el intenta sobrevivir en condicións extremas.
Gústame porque me ensina cousas importantes sobre a supervivencia.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Wii
O ano pasado os Reis Magos regaláronlle a Aldara a Wii. A Wii ten moitos xogos aínda que nos só temos nove. Tamén temos dous mandos e un nunchuck que serve para moverse. O xogo que mais me gusta é Wii Music.
Comentarios (2) - Categoría: Xogos - Publicado o 15-12-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal