Onte vin unha película de Disney Channel chamada Lemonade Mouth. Trata sobre uns rapaces que non son moi populares no instituto e que, na aula de castigados, comezan a tocar xuntos. Despois diso decicen formar unha banda. Á banda deciden chamarlle Lemonade Mouth.
Unha das súas cancións é Determinate, que tocan na festa de Samaín.
Outra canción é Breakthrough que tocan no Madison Square Garden.
Esta película trata sobre a historia do Rey Arturo que intenta devolverlles a liberdade aos seus cabaleiros, pero, nunhas das súas últimas batallas, algúns deles non seguiran con vida.
Mola moito, recoméndovola!
Este libro tamén o collín na biblioteca do colexio. A historia relata a aventura do señor Aronnax, que viaxará por todos os mares a bordo do Nautilus, un submarino dirixido polo capitán Nemo.
Mola!
Este libro collinno na biblioteca do colexio. Trata sobre un Corsario que vai vestido de negro e que persigue a un home que matou aos seus tres irmáns. Ademais, despois de abordar un barco coñecerá a Honorata, da que se namorará, ata que descubra o seu terrible segredo.
Esta é unha película de Disney Channel da que ademais fixeron unha serie. Trata de dous rapacesque descubren que a súa coidadora é un vampiro. Despois de facerse amigos dela, os tres intentarán parar a uns malvados vampiros.
Esta é a nova película de Tintín. Fíxoa Steven Spielberg, un director que xa fixo ETE e os Goonies, ademais de Super 8. Non vin a película de Tintín, pero debe de estar xenial. Teño unhas ganas tremendas de vela!