O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O meu aniversario!
Hoxe é o meu aniversario. Non fun á escola porque me doía ao tragar. Pola mañá, espertáronme mamá e Aldara e atopeime con nove globos de cores con un 9 en cada un, unha carta, unha postal do Xabarín club e unha escritura con forma de glogo. Logo funme a duchar. Cando voltei ao cuarto había un regalo. Abrínno e era a praia de playmobil.
Ao mediodía, ao acabar de comer fun á sala para tomar a febre e atopei outro regalo. Era un marco para o meu debuxo da Ópera de Sydney.
Pola tarde, mamá e papá meteronse na cociña e pecharon a porta. Cando entrei vin unha tarta de chocolate cunha vela con forma de 9. Despois de cantarme papá trouxo unha super cámara de fotos e mamá un libro chamado Apártate de Mississipi! de Cornelia Funke. Todas as fotos que vedes menos a de Feliz aniversario e a de Mississipi saqueinas coa miña cámara.
O domingo celebramos o cumpre cos amigos, se eu estou ben, claro.
Este foi un día fantástico!



Comentarios (6) - Categoría: Festas - Publicado o 20-11-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal



Roi Casal é un músico que me gusta moito. Toca música tradicional con matices de pop. Forma parte de Milladoiro dende o 2000. En novembro do 2008 fixo o seu primeiro disco só chamado Lendas Douradas. As cancións que mais me gustan son: Ninfa das frescas augas e a Revolta Irmandiña.

Comentarios (4) - Categoría: Música - Publicado o 18-11-2009 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Jazz Pegaso MP3
No cumpre do ano pasado (para o deste ano faltan tres días) regaláronme un MP3 de cor vermella. Antes regaláronllo a Aldara e eu pensei "que sorte!" pero cando mo regalaron a min xa quedei máis tranquilo. Teño moitos discos nel e conecteino ao reprodutor de música de Aldara e mola mazo.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-11-2009 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Animais ao límite
Teño un libro de animais que se chama Animais ao límite. Trae moita información sobre as características de cada animal, onde viven, que comen... Hai diferentes partes do libro que son: o Polo Norte, o Polo Sur, as montañas, a sabana, as selvas e os mares tropicais. A parte que mais me gusta é a da sabana porque me parece que ten animais chulísimos e polo guepardo.
Lédeo!
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 16-11-2009 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Moby Dick
Esta peli trata duns homes que van a cazar baleas. O protagonista é Ismael, un home que se embarca no baleeiro. Ao capitán quitoulle a perna unha balea branca chamada Moby Dick. Está obsesionado con matar á balea pero morren todos menos Ismael. Recoméndovola, pero dura tres horas.
Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 15-11-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
O arqueocampo
Fun ao arqueocampo que está no Centro do Castiñeiriño, en Santiago.
Primeiro excavamos pero eu non atopei nada porque fixen de fotógrafo. Encontraron unha casa cun cuncheiro e con tarros de cerámica.
Despois analizamos un carbón e o noso PH. Vimos que o carbón flotaba e as pedras non e puidemos distinguilas.
Logo fixemos a descrición dunha peza de cerámica nun folleto e anotamos a lonxitude, o material...
Ao cabo dun anaco vimos o que excavaramos nunha pantalla grande na sala de informática cun programa virtual.
Ao final moemos cun muíño antigo e falamos sobre como construian a cerámica. Ao sair fixemos unha enquisa e déronnos uns recordos.
Tedes que ir, está xenial. Dura todo novembro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
O club de Tea Stilton
O club de Tea son uns libros da irmá de Xerónimo Stilton o direrctor do Eco Roedor en Ratonia. Ela estudou na illa das Baleas na universidade de Ratford. Cando volveu á universidade fíxose amiga de Pamela, Paulina, Nicky, Violet e Colette, cinco estudantes. Xa pasaron catro aventuras: O código do dragón, A montaña parlante,A cidade secreta e Misterio en París. Este libro, o de Misterio en París regaláronmo polo cumpre de Aldara e trata dun roubo dunhas prendas de roupa moi valiosas.
Ainda o estou lendo pero mola.
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 15-11-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal