O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que ben tocan!
Mirade como tocan estes nenos xaponeses!

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 29-10-2009 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín

Xa chegou samaín moito medo eu collín... Agora en serio: Chegou o samaín! Mola moitisimo se non fose porque estou enfermo.Na escola van contar un conto de medo. O ano pasado contarannos un conto. Había un fío agarrado a un instrumento e tiraban e soaba. Outro fío agarrado a un caixón e tiráronno abaixo. Logo veu un profe disfrazado de bruxa e meteunos un medo que te cagas. A ver o que pasa este ano!
Comentarios (2) - Categoría: Festas - Publicado o 29-10-2009 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mala racha
Estou enfermo. E teño mala racha porque sempre enfermo en días importantes da escola. Cando veu Anxo Fariña, unha vez no Entroido e agora no Samaín. Pero polo menos non estou enfermo todo o ano!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
E.t o extraterrestre
E.t é un extraterrestre que vai á terra pero olivídanse del e o pobre queda alí. Despois, atópao un neno e pásanlle moitos problemas. Este cacho é cando escapan duns homes. Danlle ben ás bicis non?


Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 28-10-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os trompos
Os trompos é un xogo que me gusta moito. Sobre todo cando rodan e as cores danlle un efecto moi especial. Eu teño dous trompos: un grande e vello e outro pequeno e moi novo. Na nosa escola hai un sitio plano e é moito mellor para tiralos.Antes tiña un super trompo que rodaba por todos lados pero rompeulle a punta e non a atopei. Breixo, un amigo, atopouma e meu pai atopou o trompo.
Comentarios (2) - Categoría: Xogos - Publicado o 27-10-2009 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Electric light orquesta
A Electric Light Orquesta gústame moito porque cantaban moi ben e os seus sons son moi guais.
Formouse en 1971 e desfíxose en 1983. Eran setre compoñentes.Deíxovos cun vídeo deles chamado Mr Blue Sky.






Sun is shinin' in the sky,
There ain't a cloud in sight
It's stopped rainin'
Everybody's in a play
And don't you know
It's a beautiful new day.
Runnin' down the avenue,
See how the sun shines brightly
In the city on the streets
Where once was pity,
Mr. Blue Sky is living here today.

CHORUS
Mr. Blue Sky, please tell us why,
You had to hide away
For so long where did we go wrong. (Twice)

Hey you with the pretty face,
Welcome to the human race
A celebration Mr. Blue Sky's
Up there waitin' and today
Is the day we've waited for

CHORUS
Mr. Blue Sky, please tell us why,
You had to hide away
For so long where did we go wrong.
Hey there Mr. Blue
We're so pleased to be with you
Look around see what you do,
Everybody smiles at you.

Mr. Blue you did it right,
But soon comes Mr. Night,
Creepin' over, now his
Hand is on your shoulder,
Never mind I'll remember you this way.

CHORUS:REPEAT

Comentarios (4) - Categoría: Música - Publicado o 24-10-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
O castelo da lúa
O castelo da lúa é un castelo que está moi cerca da miña casa. Ás veces vou xogar e a mirar uns signos que teñen as pedras. Din que os irmandiños o destruíron e que había un pasadizo. Eu pensei que hai unha cova debaixo do mar e que dentro dela se esconde un tesouro. Se queredes saber mais clicade aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Lugares - Publicado o 22-10-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos galego
O día 18 de outubro deste ano(2009) fíxose unha manifestación en Santiago para defender a lingua galega. Na manifestación había miles de persoas e diversas pancartas. Nós berrabamos: A galiña azul, en galego. E tamén berrabamos: Obradoiro! para que foran á praza. Gustoume moito.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2009 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Monumentos espetaculares
Na terra fixéronse unhas construcións moi interesantes. A min as que máis me gustan son: A Ópera de Sydney, a Torre Eiffel, o Golden Gate, o Machu Picchu, a Estatua da Liberdade, o Taj Mahal, a Muralla china e a Catedral de San Basilio. E a vos, cales son as que mais vos gustan?



Comentarios (2) - Categoría: Lugares - Publicado o 19-10-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
O espazo
O espazo é unha cousa que me deixa coa boca aberta. E que alí hai cousas impresionantes pero a maioría están por descubrir. O que máis me gusta do espazo son as nebulosas. Parécense ao fume e ao ser de cores, ao fume das orquestras. Nestas fotos está a Nebulosa do Cisne e outra chulísima que non sei como se chama.





Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal