Este vídeo fixéronno os de Tourilandia, e é unha letra inventada coa música dunha canción existente, neste caso, a canción é Moza, de Michel Telo. Os de Land Rober tamén fixeron o mesmo, só que a canción era o Waka Waka de Shakira.
O meu xogador perferido é Messi. Dende que xoga co F.C.Barcelona, marcou 213 goles, conseguiu tres Balóns de Ouro e conseguiu 18 títulos.
Estes foron os seus últimos 202 goles:
Polo meu aniversario, regaláronme o libro "A Caza do Ghazafello". Trata sobre un rapaz chamado Lois que é o pringado do instituto ao que os matóns do instituto lle gastaron unha broma ao abandonalo na fraga. Alí descobre que a fraga é máxica e corre a súa maior aventura.
O libro é moi divertido.
Tea Stilton, a irmá de Geronimo Stilton, está escribindo unha colección sobre as Princesas do Reino da Fantasía. De momento escribiu tres libros: "La Princesa de los Hielos", "La Princesa de los Corales" e "La Princesa del Desierto". Eu linnos todos e están moi ben.
Recoméndovolos!
Esta canción tan animada é de Mika. É moi marchosa e divertida. A primeira vez que a escoitei era máis pequeno e, aínda así gustárame moito. A canción tamén aparece no Just Dance 3.
Neste Nadal, agasalláronme co novo xogo de fútbol FIFA 12. Xa sei que teño o FIFA 11 pero este é máis moderno e con máis apartados, como por exemplo a Copa Interurbana. Neste xogo, ademais, elixes unha cidade e un equipo e intentarás que a cidade teña cada vez máis habitantes e servizos.
Mola moito!
Os Reis Magos trouxéronme, á parte de outras cousas, o libro Mil Cousas Poden Pasar II. Trata sobre como Lina e Pouco regresan a Nil, como a alcaldesa dimite e Propicio faise cargo da alcaldía , como Hedión aprende a tocar a tuba e como lles vai ao resto dos personaxes. Resumindo, é o desenlace da 1ª parte do libro.
A min gustoume moito. Tedes que lelo!
O outro día lin o segundo libro da trioloxía Memorias de Idhún, chamado Tríada. Fala sobre todo de Jack, Victoria e Kirtash, que agora se chama Christian, e de como emprenden camiños diferentes. Jack vai con Victoria a Awinor, a terra dos dragóns para aprender a convertirse nun deles e Christian vai á terra dos xigantes para resucitar á súa espada. Mentras tanto, o resto da resistencia prepáranse para a batalla final.
MOLA MOITO!
Con esta imaxe deséxovos un feliz 2012 e que o pasedes moi ben en todos os días que quedan antes de volver ao colexio.
BO NADAL E FELIZ 2012!!!!!!!!!!!!