Celtic Roots é un proxecto musical que une a tres escolas de tres diferentes países: Galiza, Inglaterra e Irlanda. Cantan moitas cancións como por exemplo Fogo Nicolás e The Anthem. Saíu á venta o 11 de decembro. Recoméndovos este super disco.
Este ano empecei a ler a saga de Harry Potter. Cando rematei de ler o primeiro encantoume e por iso lin o segundo que é o que estou lendo agora. Desexo rematar para poder ler o terceiro que seguro que mola.
Recoméndovolo!
Papá Noel tamén me trouxo un libro de maxia chamado Abrapalabra. Ten moitos trucos e poemas. Xa fixen moitos trucos e o que máis lle gustou a Aldara foi Unha entre un millón que consiste en que adiviñe unha palabra que unha persoa busca no libro.
É un libro moi bo.
Papá Noel tróuxome ``Mil cousas poden pasar´´ o primeiro libro. Escribiuno Jacobo Fernández Serrano e trata sobre... mil cousas que poden pasar. Os protagonistas son Lina e Pouco aínda que hai moitos personaxes como Hedión o enterrador, Pindo IV o tratable e moitos máis. Está moi ben e estou desexando que saia o segundo libro.