África é un dos meus continentes favoritos. Gústame porque hai moita variedade de animais e ten unhas paisaxes moi bonitas. Gustaríame visitar África e ver como é, coñecer algunha xente, ver guepardos...
O bandoleiro Hupsika é un libro que trata dun bandoleiro ao que lle morreu a nai e leva con el un cadro co seu retrato. Pasa unha grande aventura polo mundo cando vai en busca da princesa Xosefina e ao final casa con ela. A min gústoume moito porque é divertido e ten moita acción. Recomendovolo!
Sabíades que toco o saxofon? Comecei en Outubro a tocalo. É moi divertido. Gústanme as melodias moito máis ca os exercicios. A min pareceme moi bonito. Seime catro cancións de memoria.
Mamá tamén toca o saxo, Aldara o clarinete e papá a gaita. Algunhas persoas dinnos de broma que imos formar unha banda! Nós rímonos moito, sobre todo miña nai, que non se cre nada.
Unha das pezas que me gusta é En fredonnant de Shumann e outra un Romance de Beethoven.
O meu é un saxo alto coma o da foto.
Este ano unha amiga regaloume 13 canicas. Teño seis canicas de cor azul, dúas de amarela, outras de cor verde e vermella e unha transparente. Gústanme moito! Aldara ten moitas máis pero dame igual.
Hai moitos xogos para as canicas como o guá, a porta, o caracol e moitos máis. Na foto son máis canicas porque non son as miñas.
Os centauriños e unha colección de comics. Os centauriños son divertidos e teñen moitas aventuras. Gústanme porque os seus comics acción e son medio cabalo medio humano. Lin o terceiro e estou lendo o primeiro. Leos desordenados! Velaqui tedes un debuxo.
Os playmobiles son os meus xoguetes favoritos.Gústanme porque hai de moitos tipos e podes xogar de distintas maneiras. Esta é a páxina de Playmobil na que podedes ver cantos xogos diferentes hai. Este ano os Reis Magos trouxeronme o castelo maletín de Playmobil.
Aquí tedes unha foto.
Bailando con lobos é unha das miñas pelis favoritas.
Gústame porque ten moita acción e trata dos indios.
A primeira vez que a vin foi no Nadal, e miña nai pensaba que non ía aguantar pero a min gústoume moito.
Un dos momentos que máis me mola é cando cazan aos búfalos.
Un dos meus grupos favoritos é Lamatumbá. Gústanme porque tocan moi ben e porque fan música divertida. As miñas cancions favoritas son: Malas herbas, Dolores, Betza, Camiños e outras mais.
Este é un video de Lamatumbá. Espero que vos guste.
O meu deportista favorito é Pau Gasol. É alto e delgado. Ten a pel branca e o pelo rizo. Mide 2.13 de altura e pesa 103 Kg. Ten 28 anos.
Naceu o 6/7/1980 en Sant Boi de Lobregat, Barcelona.
Xoga ao baloncesto na selección española e na NBA, nos Angeles Lakers.
Gústame porque xoga ao baloncesto moi ben.
Pau Gasol gañou a medalla de prata nos xogos olimpicos de Beijin.