O martes visitounos Jacobo Fernández Serrano que é o que escribiu Mil Cousas Poden Pasar e Os Amigos de Archimboldo Roque. É ilustrador pero tamén escribe. Ensinounos como debuxa os seus libros e respondeu ás nosas preguntas. É moi divertido e simpático e cáeme moi ben aínda que non o coñezo moito. Ademais asinoume un libro!
Onte rematei a colección de Harry Potter. Mola un mogollón. Dame pena porque agora non sei que ler (sempre podo relelos). No último libro segue coa misión que lle encargou Dumbledore. Enfádase con Ron e varias veces cáchannos devoradores da morte pero sempre saen gañando. Neste libro morre un mogollón de xente que para min é demasiada. Pero non digo nada máis que logo lédelos e xa sabedes como acaban.
Este vídeo mandoumo unha amiga miña. Vai duns rapaces que saltan, subense a paredes... pola súa cidade. Parece que son uns spidermans junior! Eu non dou feito eso se non me poñen unha colchoneta debaixo que xa caio aos cinco segundos de empezar!
Celtic Roots é un proxecto musical que une a tres escolas de tres diferentes países: Galiza, Inglaterra e Irlanda. Cantan moitas cancións como por exemplo Fogo Nicolás e The Anthem. Saíu á venta o 11 de decembro. Recoméndovos este super disco.
Este ano empecei a ler a saga de Harry Potter. Cando rematei de ler o primeiro encantoume e por iso lin o segundo que é o que estou lendo agora. Desexo rematar para poder ler o terceiro que seguro que mola.
Recoméndovolo!
Papá Noel tamén me trouxo un libro de maxia chamado Abrapalabra. Ten moitos trucos e poemas. Xa fixen moitos trucos e o que máis lle gustou a Aldara foi Unha entre un millón que consiste en que adiviñe unha palabra que unha persoa busca no libro.
É un libro moi bo.
Papá Noel tróuxome ``Mil cousas poden pasar´´ o primeiro libro. Escribiuno Jacobo Fernández Serrano e trata sobre... mil cousas que poden pasar. Os protagonistas son Lina e Pouco aínda que hai moitos personaxes como Hedión o enterrador, Pindo IV o tratable e moitos máis. Está moi ben e estou desexando que saia o segundo libro.