O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fifa 2011
Na casa teño o xogo para a WII Fifa 2011. É un xogo de fútbol no que podes elexir se xogar no campo, na rúa, crear o teu propio xogador, levar ao teu equipo á gloria ou xogar un campeonato. Normalmente xogo co Barça porque é o meu equipo. Ademais é moi guai porque podes elexir o estadio e moitas cousas máis.
Recoméndoolo!


FIFA 2011 Trailer por Suchablog
Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 19-06-2011 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
OK GO
Este grupo naceu en Chicago aínda que reside en "Los Ángeles". Publicaron tres álbums: Ok Go, Oh no e Of the blue colour of the Sky. Este é unha das súas cancións.



Este é outro dos traballos que fixeron:

Here it Goes Again
Comentarios (0) - Categoría: Animais - Publicado o 16-06-2011 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán Mar de Rianxo
Empanada, viño, baile, chocolate, concerto, seranciño, mexillóns, obradoiros, gaitas, afinación, pandeiretas... e miles de cousas máis vai haber no VI Serán Mar de Rianxo. Non volo perdades e asistide ao Campo de Arriba o sábado 18 de xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 16-06-2011 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Los Pingüinos de Madagascar

Estou vendo unha serie titulada Los Pingüinos de Madagascar. É moi divertida e ten moita acción. Á parte dos pingüíns o meu personaxe favorito é Mort, o lémur que aparece nas películas.
Recoméndovola!
Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 16-06-2011 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ginkgo Biloba
O Ginkgo Biloba é unha árbore que temos no patio do noso colexio. Na miña clase estivemos buscando información sobre esta árbore de China. Ten as follas bilobuladas e os froitos das femias soltan un olor desagradable despois do verán.
Creo que esta árbore é fascinante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2011 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Tarzán
Na banda grande déronnos a partitura de Tarzán. A partitura é toda moi chula pero a parte que máis e gusta é cando os gorilas destrozan o campamento tocando e cantando Doo Bad Shi Doo.

Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 15-06-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Siareiros do Barça

Breixo e mais eu, botamos adiante unha páxina sobre o noso equipo de fútbol: o F.C.Barcelona. A páxina conta todas as novidades sobre este equipo, ademais do palmarés que ten e a plantilla de cada ano.


Siareiros do Barça

Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 05-06-2011 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
O 29 de maio fun co grupo 9 ferreñas de Vai de Roda a un concurso de baile na Coruña, organizado por Xacarandaina. Bailamos o mesmo baile que na Estrada (Muiñeira de San Campio, da Serra de Outes). O grupo 7 ferreñas tamén participou. Ao final, os pequenos quedaron segundos (trofeo e 200 euros) e nós...

PRIMEIROS!!!!!!! (Trofeo e 350 euros).
Foi un día xenial!


Podedes visitar a páxina de Vai de Roda para ver unha súper montaxe de fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 05-06-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
PRETO
Preto; así se chama o meu can, que é un can de caza negro, con "calcetíns" brancos e cos ollos marróns. Andaba merodeando ao lado do colexio no que está miña nai e, entón, decidiu traelo para a nosa casa. É moi mimoso e dá a pata. Os sitios que máis lle gustan da casa son: a porta, o banco e o valado.
Preto é xenial!
Comentarios (2) - Categoría: Animais - Publicado o 01-05-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros!

Onte fun a un concurso de baile tradicional na Estrada organizado por Tequexetéldere. O grupo de baile de Vai de Roda no que estou eu chámase 9 ferreñas e bailamos a muiñeira de San Campio (Serra de Outes). Ao final, Vai de Roda levou o premio ao mellor vestiario, ao mellor acompañamento, os pequenos quedaron segundos na súa categoría e nós quedamos PRIMEIROS!!!
Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 18-04-2011 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [20]
© by Abertal