O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tintín, a película
Esta é a nova película de Tintín. Fíxoa Steven Spielberg, un director que xa fixo ETE e os Goonies, ademais de Super 8. Non vin a película de Tintín, pero debe de estar xenial. Teño unhas ganas tremendas de vela!


Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 04-11-2011 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín 2011

Este Samaín foi horripilantemente fantástico. No colexio decoramos a aula e vimos unha película con palomitas! Hoxe, na casa vamos a preparar as cabazas.
Esta é a cabaza que levei para o cole.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 31-10-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Buena Suerte Charlie!
Esta é unha serie de Disney Channel que me gusta moito. Trata dunha familia con catro fillos moi rariños e dous pais estrambóticos. En cada capítulo vannos ensinando as tolerias dos Duncan.
Está xenial!
Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 23-10-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Phineas e Ferb A través da Segunda Dimensión
Hoxe fun ao cine e vin a película de Phineas e Ferb, a través da Segunda Dimensión. Trata de que os dous irmáns axudan ao doutor Doofenshmirtz a reparar o seu novo invento e acaban noutra dimensión axudándose a eles mismos e a resistencia a derrotar ao Doofenshmirtz da outra dimensión.
Mola moito!



Phineas y Ferb, la película: A través de la... por keane43
Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 22-09-2011 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Phineas y Ferb El verano te pertenece
Este é o capítulo de Phineas e Ferb máis longo e o que máis me gusta.
Mola!




Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 08-09-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Super 8
Onte fun ao cine e vin unha película chamada Super 8. Trataba de que un rapaz quería grabar unha película e pediulle axuda aos compañeiros. Cando estaban grabando nunha estación de tren hai un accidente catástrófico. Dende aquela hai desaparicións, roubos... e os rapac@s terán que intervir para que non vaia a peor.
Mola moito!

Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 05-09-2011 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Barcelona

Luns 8-8-2011
Por fin chegou o día! Marchaba de vacacións a Barcelona. Marchamos da casa cara Santiago de Compostela coas maletas no maleteiro. Esa noite case non pudeira durmir polos nervios e entón, tiña sono. Cando chegamos ao aeroporto de Lavacolla facturamos as maletas e fomos a esperar a que nos chamaran para subir ao avión. Non tardaron moito e en pouco tempo xa estábamos a bordo.
O voo foi tranquilo e para aterrar en Barcelona pasamos entre as nubes.
O primeiro que fixemos ao chegar á cidade foi buscar o hotel no que nos íamos aloxar esa semana.
Pola tarde dedicámonos a coñecer un pouco Barcelona. Demos un paseo pola cidade e vimos as casas de Gaudí a Pedrera e a Batlló, a catedral de Barcelona, as Ramblas, a estatua de Colón...


Martes 9-8-2011
O martes collemos o metro cediño e dirixímonos cara o Parque da Cidadella. Ese día visitaríamos o Zoo de Barcelona. Pasamos a metade do parque andando e logo de esperar uns cinco minutos para coller a entrada, entramos no zoolóxico. Vimos loros, canguros, cebras, elefantes, xirafas, golfiños, serpes e demais compañía, leóns mariños... Pola tarde os monos, gorilas, orangutáns e mandrís esperábannos na zona dos primates e logo vimos os felinos: leóns, tigres, leopardos, panteras e ata un guepardo, que non e moi fácil atopalo en cautividade. E ao final, con toda a broma, saímos do zoo ás seis da tarde.
Despois demos un paseo pola Vila Olímpica e outro por unha praia de Barcelona chamada Barceloneta. Máis tarde collemos o metro e paramos na Praza de Espanya para ver a Fonte Máxica de Montjuïc, pero ese día non había un espectáculo de luz, cor e auga.


10-8-2011 Mércores
O mércores, despois dun almorzo mogollónico no hotel dirixímonos andando cara ao...

Camp Nou! O estadio do F.C.Barcelona!

Ese día tiña tantos nervios no corpo que case non me collían.
Para visitar mellor o Camp Nou, escollemos unha especie de recorrido polo estadio chamado Camp Nou Experiencie. Pasamos polas tres partes de bancadas que hai no campo, polos vestiarios, pola sala de prensa... Ata me puiden facer unha foto coa mesmísima Copa de Campións (Champions)! A pena foi que como estaban cortando o céspede non puiden baixar aos banquillos para ver onde se sentaba o entrenador Josep Guardiola. Vimos o museo da historia do Barça, onde tiñan expostas todas as copas e trofeos do equipo de fútbol, baloncesto, balonmán, fútbol sala, hóquey sobre xeo... E xa chegaba a hora de ir marchando do estadio. Iso si. Non marchei sen a camiseta da segunda equipación da tempada 2011-2012.
Despois de marchar do Camp Nou, decidimos probar a ir a ver a Sagrada Familia. Pero non demos entrado. Intentamos ir ao Museo da Música, pero xa pechara.
Pola noite fomos a ver un concerto de jazz no parque da Ciudadella.

11-8-2011 Xoves
O xoves intentamos ir á Sagrada Familia pero nada, non entramos. Así que fomos ao Aquarium de Barcelona. Tiña peixes, polbos, dragóns de mar, tiburóns, foi unha pasada. Tamén había unha parte chamada Explora que tiña moitas actividades. Incluso fomos por dentro dunha balea!
Pola tarde fomos a Montjuïc. Fomos en teleférico e vimos o museo de Miró e as instalacións olímpicas. Que pasada!
As fontes comezaron o espectáculo cuns chorretazos de auga enormes e logo empezou a facer "piruetas" de cores con auga que quitaban o hipo. Un bo recordo de Barcelona.


12-8-2011 Venres
O venres pola mañá fomos ver o Parque Güell. O problema foi que entramos por uns camiños de terra e iso deunos malas impresións pero logo... Mimá! Alucinamos! Por fin vimos o lagarto de cores que para min é moi bonito e algunhas casas de Gaudí.
Pola tarde vimos o museo MNAC que tiña varios tipos de arte: moderna, románica, barroca... Era bastante bonito pero tanto museo acabou por estouparme. Así que volvemos ver o barrio de Gracia coas casas Pedrera e Batlló.


13-8-2011 Sábado
O penúltimo día fomos ao Tibidabo, un monte que ten un parque de atraccións. Pola mañá fomos ao carrusel, ás cuncas, á mina de ouro que era un tronco que ía sobre a auga e no que te empapabas por culpa dos tobogáns. Foi unha das miñas atraccións favoritas. E a un castelo do terror que tiña trampas no chan.
Pola tarde fomos a un hotel do terror que daba moitísimo medo. Menos mal que fomos cun que xa sabía o recorrido e outro que non tiña medo que senón... non saíamos de alí. Tamén fomos ás cadeas e a unha especia de saltamontes.
Foi un día xenial!


14-8-2011 Domingo
O último día levantamonos cedo, collemos o avión cedo e chegamos cedo. Ao chegar foi como se todo fose pequeno. Foi pena que se acabase a viaxe pero aínda nos queda un bo recordo.
Comentarios (5) - Categoría: Viaxes - Publicado o 14-08-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Musigalizando 2011
Este ano, como o anterior fun ao campamento Musigalizando no que a banda de Solfa, Rianxo, Ribadumia, Padrón e Agolada preparamos unhas obras para o concerto do 28 de xuño na praza da Quintana. Hai dúas bandas: a Xuvenil e a Sinfónica. A Xuvenil (que é na que toquei eu) preparou as pezas Alborada de ribadeo, African Symphony, Negra Sombra e Aquarium. A Sinfónica tocou Sedona, Estreliña, a Lenda de Alí Babá, Suite Catoira, Abba Gold e Mambo. Estivemos seis días preparándoas. Cando os grandes tocaron Abba Gold e Mambo, os pequenos bailamos. Foi moi divertido aínda que na despedida chorásemos todos. A peza que máis me gustou foi Abba Gold.






A canción que máis se cantou no Musigalizando foi a que cantan os da Requinta da Laxeira O galo canta xa que un monitor era un compoñente deste grupo.
Grazas Toño!


Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 29-06-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Como arrasou o VI Serán mar de Rianxo!

Onte no Campo de Arriba celebrouse o VI Serán Mar de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. O serán comezou ás 16:00 no auditorio cos obradoiros de empalletado, pandeiro e baile. Ás 20:00 comezou o seranciño, no que actuaron os nenos/as de Vai de Roda e Teixedal. E das 22:30 en diante subiron ao escenario varios grupos de música tradicional. Houbo chapas e camisetas no posto e se tiñas o estómago baleiro había unha Súper barra. Ademais houbo chocolate!
Vaia festaza!
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 19-06-2011 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Mega batallón!
Mirade o que fixen hoxe. Está feito todo con Playmobiles. Aínda que costou moito montalo, tiven feito cousas peores con estes xoguetes.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos - Publicado o 19-06-2011 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal