Onte fun ver un dos espectáculos do Circo do Sol: Alegría. Estivo xenial e había espectáculos como un nunhas camas elásticas, uns trapecistas, uns paiasos divertidísimos, uns malabaristas de lume...
Encantoume! Foi unha pasada!
Hai uns días, acabei de ler o primeiro libro da serie Arcanus que está ambientado en Barcelona. O protagonista desta historia é Maddox que coa axuda da súa veciña e a súa bóla amarela da sorte, atopará ao segundo elexido para deter á sombra.
Polo meu aniversario regaláronme o libro The Mistery Team, Cazadores de pistas y el misterio de las momias.
Trata sobre o Coronel Green, Anabel e Sparks que mentres están hospedados nun hotel de Londres, teñen que resolver un misterio sobre unha momia que anda solta polo Museo Británico.
Hoxe acabei de ler o novo libro de Anxo Fariña; "A Chave da Atlántida". Este libro foi o Premio Merlín de Literatura infantil 2011.
Trata sobre un home chamado Fran e a súa sobriña chamada Eva que se atopan cun ser humano artificial chamado A-cero. Con el viaxarán a Rabat para falar cun vello amigo. En Rabat descubrirán que a Atlántida, o continente perdido e ao mesmo tempo, o soño de Fran, emerxerá das augas nas Illas Cíes, en Vigo. Ademais de atopar a Atlántida teñen que escapar do xeneral Hiperión, que os persegue.
UN LIBRO FANTÁSTICO!
Onte vin unha película de Disney Channel chamada Lemonade Mouth. Trata sobre uns rapaces que non son moi populares no instituto e que, na aula de castigados, comezan a tocar xuntos. Despois diso decicen formar unha banda. Á banda deciden chamarlle Lemonade Mouth.
Unha das súas cancións é Determinate, que tocan na festa de Samaín.
Outra canción é Breakthrough que tocan no Madison Square Garden.
Esta película trata sobre a historia do Rey Arturo que intenta devolverlles a liberdade aos seus cabaleiros, pero, nunhas das súas últimas batallas, algúns deles non seguiran con vida.
Mola moito, recoméndovola!
Este libro tamén o collín na biblioteca do colexio. A historia relata a aventura do señor Aronnax, que viaxará por todos os mares a bordo do Nautilus, un submarino dirixido polo capitán Nemo.
Mola!
Este libro collinno na biblioteca do colexio. Trata sobre un Corsario que vai vestido de negro e que persigue a un home que matou aos seus tres irmáns. Ademais, despois de abordar un barco coñecerá a Honorata, da que se namorará, ata que descubra o seu terrible segredo.
Esta é unha película de Disney Channel da que ademais fixeron unha serie. Trata de dous rapacesque descubren que a súa coidadora é un vampiro. Despois de facerse amigos dela, os tres intentarán parar a uns malvados vampiros.