O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lolipop
Esta canción tan animada é de Mika. É moi marchosa e divertida. A primeira vez que a escoitei era máis pequeno e, aínda así gustárame moito. A canción tamén aparece no Just Dance 3.


Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 10-01-2012 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
FIFA 12
Neste Nadal, agasalláronme co novo xogo de fútbol FIFA 12. Xa sei que teño o FIFA 11 pero este é máis moderno e con máis apartados, como por exemplo a Copa Interurbana. Neste xogo, ademais, elixes unha cidade e un equipo e intentarás que a cidade teña cada vez máis habitantes e servizos.
Mola moito!
Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 08-01-2012 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mil Cousas Poden Pasar Libro II
Os Reis Magos trouxéronme, á parte de outras cousas, o libro Mil Cousas Poden Pasar II. Trata sobre como Lina e Pouco regresan a Nil, como a alcaldesa dimite e Propicio faise cargo da alcaldía , como Hedión aprende a tocar a tuba e como lles vai ao resto dos personaxes. Resumindo, é o desenlace da 1ª parte do libro.
A min gustoume moito. Tedes que lelo!
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 08-01-2012 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL
Eu, nunha páxina chamada Toondoo, fixen esta postal para felicitarvos o Nadal 2011-2012.

FELIZ ANO 2012
Comentarios (0) - Categoría: Arte - Publicado o 04-01-2012 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias de Idhún II Tríada
O outro día lin o segundo libro da trioloxía Memorias de Idhún, chamado Tríada. Fala sobre todo de Jack, Victoria e Kirtash, que agora se chama Christian, e de como emprenden camiños diferentes. Jack vai con Victoria a Awinor, a terra dos dragóns para aprender a convertirse nun deles e Christian vai á terra dos xigantes para resucitar á súa espada. Mentras tanto, o resto da resistencia prepáranse para a batalla final.
MOLA MOITO!
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 02-01-2012 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ 2012
Con esta imaxe deséxovos un feliz 2012 e que o pasedes moi ben en todos os días que quedan antes de volver ao colexio.
BO NADAL E FELIZ 2012!!!!!!!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2012 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Wayne e Lanny: Patrulla de Aterrizaxe
En Disney Channel, debido á celebración do Nadal, están emitindo capítulos de Nadal das súas series. Por exemplo, uns curtos que tratan sobres dous elfos de Papá Noel que teñen que revisar a casa antes de que Papá Noel entre a deixar os agasallos. Estes curtos titúlanse Wayne e Lanny: Patrulla de Aterrizaxe.



Este é outro curto dos da Patrulla de Aterrizaxe:

Patrulla de Aterrizaxe Enchedores de Calcetíns Operación O segredo de Santa
Comentarios (1) - Categoría: Películas - Publicado o 29-12-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Patinei sobre xeo!

O outro día fun patinar sobre xeo a unha pista que instalaron na Praza da Guintana, Santiago de Compostela. Caín varias veces pero ao fin e ao cabo era a primeira vez que patinaba sobre xeo. Ao final, acabei pillándolle o tranquillo a iso de patinar.
Teño unhas ganas de repetir!
Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 27-12-2011 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias de Idhún I La resistencia
Hai uns días acabei o primeiro libro da trioloxía de Laura Gallego Memorias de Idhún. Este libro titulábase La Resistencia e conta a aventura de Jack e Victoria, dous rapaces que se unen a Alsan e Shail, un guerreiro e un mago que loitan contra o poder de Ashran o Nigromante. Neste libro, enfréntanse a Kirtash, un gran guerreiro que ten como misión acabar con todos os magos exiliados.
MOLA MOITO!!!
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 21-12-2011 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Buena Suerte Charlie Un Viaje de Película
Onte vin o estreno da película dunha das miñas series favoritas: Buena Suerte Charlie Un Viaje de Película. Trataba que, nun viaxe de Nadal a Palm Springs, Teddy marcha do avión obrigando á súa nai a seguila. E alí comezará a viaxe para estar coa súa familia na mañá de Nadal.

Comentarios (0) - Categoría: Películas - Publicado o 17-12-2011 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal