O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O cabalo
O cabalo é outro dos meus animais favoritos. Gústame desde sempre, cando os vía pola rua, nas películas, nos libros ...
A miña película preferida de cabalos é SPIRIT o corcel indomable.
O ano pasado fun á Curota ver como lle cortaban as crinas aos cabalos. Gustoume moito, pero déronme un pouco de pena.
Comentarios (3) - Categoría: Animais - Publicado o 29-12-2008 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Guepardo
O guepardo é un dos meus animais favoritos. Gustame porque é rápido, bonito e esbelto e porque vive en África.
O nome inglés do guepardo e cheetah. Esta palabra vén de "chita" que en hindi significa moteado.
O seu nome cientifico é Acinonyx jubatus.
O guepardo é o primo do leopardo. O peso medio dun guepardo é 40kg. e o do leopardo 70 kg. O leopardoé forte e robusto mentres que o guepardo é máis delgado. As manchas da pel do guepardo son circulares e compactas pero as do leopardo son máis irregulares.
os guepardo estánse extinguindo por mor da caza e da alta mortalidade das súas crías.


Para ver máis información sobre os guepardos e tamén un video na páxina de National Geographic Kids clica aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Animais - Publicado o 29-12-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
SON BERNAL
Chámome Bernal e teño 8 anos. Vivo en Rianxo. Teño unha irmá que se chama Aldara e tamén ten un blog. Ela ten 10 anos.
Neste blog vou escribir sobre as cousas que me gustan: animais, deportes, películas, festas, música, libros...
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2008 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal