O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Ladrón de Soños
Este libro é o comezo da saga "O Mundo Secreto de Basilius Hoffman", unha colleción de libros de aventuras, acción e fantasía.
No primeiro libro, cóntase que un rapaz chamado Peter sae do internado polo Nadal para pasalo cos seus pais e que, como estes están ocupados, ten que pasar as vacacións na casa do seu tío Basilius. A el parécelle un aburrimento pero unha noite, inténtalle roubar o seu soño, e entón comeza para Peter unha aventura impresionante por descubrir que é o que traman uns malvados felinos.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 18-03-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
As Bruxas
Esta semana estiven moi enganchado cun escritor especial: Roald Dahl. Dos seus libros lin As Bruxas, un conto no que nos explica a historia dun rapaz que, tras ser atacado pola mismísima Gran Bruxa, convírtese en rato e ten que impedir que a todos os nenos lles ocorra o mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Matilda
Este libro, tamén de Roald Dahl, trata dunha rapaza superdotada á que non lle fan caso e no cole ten que estar nunha clase dun nivel inferior. A única que a entende e a súa profesora, que a axudará para que teña unha vida mellor.
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Charlie e a Fábrica de Chocolate
Esta semana lin o libro de Roald Dahl Charlie e a Fábrica de Chocolate no que un rapaz pobre chamdo Charlie atopa un billete dourado nunha tableta de chocolate e pode adentrarse na inmensa e fascinante fábrica de chocolate de Willy Wonka.


Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 11-03-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
La Pirámide Roja
La Pirámide Roja é un libro de Rick Riordan que trata sobre Carter e Sadie, dous irmáns que, tras que o seu pai fora sepultado, teñen que descubrir os segredos do seu pasado, aprender a dominar os seus poderes e saber convivir coa segunda alma que levan dentro.
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 10-02-2012 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Memorias de Idhún III
Xa acabei de ler a trioloxía de Laura Gallego García Memorias de Idhún. O último libro fala sobreos mesmos protagonistas que os libros anteriores, pero neste libro teñen outro problema: os deuses idhunaicos.
Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 10-02-2012 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
"Ai si me opero"
Este vídeo fixéronno os de Tourilandia, e é unha letra inventada coa música dunha canción existente, neste caso, a canción é Moza, de Michel Telo. Os de Land Rober tamén fixeron o mesmo, só que a canción era o Waka Waka de Shakira.

Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 22-01-2012 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Messi é único
O meu xogador perferido é Messi. Dende que xoga co F.C.Barcelona, marcou 213 goles, conseguiu tres Balóns de Ouro e conseguiu 18 títulos.
Estes foron os seus últimos 202 goles:

Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 18-01-2012 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
A Caza do Ghazafello
Polo meu aniversario, regaláronme o libro "A Caza do Ghazafello". Trata sobre un rapaz chamado Lois que é o pringado do instituto ao que os matóns do instituto lle gastaron unha broma ao abandonalo na fraga. Alí descobre que a fraga é máxica e corre a súa maior aventura.
O libro é moi divertido.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 15-01-2012 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Princesas del Reino de la Fantasía
Tea Stilton, a irmá de Geronimo Stilton, está escribindo unha colección sobre as Princesas do Reino da Fantasía. De momento escribiu tres libros: "La Princesa de los Hielos", "La Princesa de los Corales" e "La Princesa del Desierto". Eu linnos todos e están moi ben.
Recoméndovolos!
Comentarios (2) - Categoría: Libros - Publicado o 15-01-2012 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal