Sen dúbida ningunha, un dos meus deportistas favoritos é Juan Carlos Navarro, un xogador de baloncesto de Sant Feliu de Llobregat nacido o 13 de xuño de 1980. Pasou a maior parte da súa carreira no F.C.Barcelona Regal co que gañou 2 Euroligas e 6 ligas ACB entre outros títulos. Tamén forma parte da Seleción Española de Baloncesto coa que gañou dous campionatos europeos e un mundial. A única tempada na que non estivo no Barça Regal foi a 2007-08, na que probou sorte na NBA xogando no equipo dos Memphis Grizzlies.
Agora deixovos cunha espectacular actuación do xogador nas semifinais contra Macedonia do Eurobasket 2011.