Onte fun ver un dos espectáculos do Circo do Sol: Alegría. Estivo xenial e había espectáculos como un nunhas camas elásticas, uns trapecistas, uns paiasos divertidísimos, uns malabaristas de lume...
Encantoume! Foi unha pasada!
O mércores pasado fun a ver Saltimbanco do Circo do Sol. Gustoume moito porque facían cousas espectaculares como subir a unhas barras facendo piruetas ou saltar dun columpio e dar volteretas. E tamén foi moi divertido. Xa teño ganas de repetir!
Se queredes ver a páxina oficial clicade aquí
Miña tía mándame moitas cousas. Esta vez clicade aquí se queredes saber que mandou. Ao principio clicade no pincel e comezará. Ao final podes decidir en que clicar.
O outro día deuseme por debuxar. A verdade que me quedei coa boca aberta co resultado, pero non é nada comparado con estes dous cadros de dúas persoas. Gústanme porque son coloridos e representan a natureza.
Todos me din que se sigo practicando serei tan bo
coma eles.
O xardín fixoo Claude Monet. Naceu en París no 1840. Pasou os seus últimos anos de vida en Giverny, xa cego.
O outro cadro non sei quen o fixo.
O outro día cando ía polo paseo marítimo, vin as tapas dos sumidoiros pintadas. Foi un grupo de graffiteiros quen as pintou porque o concello díxolles que pintaran alí. No paseo marítimo hai cincuenta e dúas tapas pintadas, pero non sei se hai máis. Só lle saquei fotos a vinte. As que máis me gustan son a do cabalo e a do dolmen, aínda que me gustan outras como a do polbo e o temón.
Todas están moi bonitas e coloridas e o paseo máis alegre. Noraboa a todos os graffiteiros!