Onte compramos un Cola Cao grande onde viña un monopatín moi pequeno chamado Rip Curl Skate. Ten as rodas vermellas e é de dous decímetros aproximadamente. Aínda que había que montalo merecía a pena.
A miña tía polo aniversario regaloume o Planetario Cefa. É un planetario para nenos que ten unha esfera coas contelacións e os seus nomes que cando se encende a bombilla vese na parede do cuarto as contelacións. Tamén ten dous discos con información e un creador que fai cometas e meteoritos de luz. Mola moito.
O ano pasado os Reis Magos regaláronlle a Aldara a Wii. A Wii ten moitos xogos aínda que nos só temos nove. Tamén temos dous mandos e un nunchuck que serve para moverse. O xogo que mais me gusta é Wii Music.
Polo aniversario regaláronme uns coches para montar de Lego. Ten tres modelos: un coche de carreiras, un minicoche e un coche normal. No coche pódense abrir as portas, facer un derrape... A min o que mais me gusta é o normal porque é o mais parecido ao meu.
O pasado xoves tocoume a mochila viaxeira. A parte de libros traía o CD Os Sostibles aforrando enerxía. Trata dunha especie de marciano que vive nun planeta moi contaminado e por iso viaxa á Terra. No xogo aparte de divertirte aprendes e ademais motívate para poñer as súas ideas en marcha.
Os trompos é un xogo que me gusta moito. Sobre todo cando rodan e as cores danlle un efecto moi especial. Eu teño dous trompos: un grande e vello e outro pequeno e moi novo. Na nosa escola hai un sitio plano e é moito mellor para tiralos.Antes tiña un super trompo que rodaba por todos lados pero rompeulle a punta e non a atopei. Breixo, un amigo, atopouma e meu pai atopou o trompo.