O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Viaxe a Barcelona

Luns 8-8-2011
Por fin chegou o día! Marchaba de vacacións a Barcelona. Marchamos da casa cara Santiago de Compostela coas maletas no maleteiro. Esa noite case non pudeira durmir polos nervios e entón, tiña sono. Cando chegamos ao aeroporto de Lavacolla facturamos as maletas e fomos a esperar a que nos chamaran para subir ao avión. Non tardaron moito e en pouco tempo xa estábamos a bordo.
O voo foi tranquilo e para aterrar en Barcelona pasamos entre as nubes.
O primeiro que fixemos ao chegar á cidade foi buscar o hotel no que nos íamos aloxar esa semana.
Pola tarde dedicámonos a coñecer un pouco Barcelona. Demos un paseo pola cidade e vimos as casas de Gaudí a Pedrera e a Batlló, a catedral de Barcelona, as Ramblas, a estatua de Colón...


Martes 9-8-2011
O martes collemos o metro cediño e dirixímonos cara o Parque da Cidadella. Ese día visitaríamos o Zoo de Barcelona. Pasamos a metade do parque andando e logo de esperar uns cinco minutos para coller a entrada, entramos no zoolóxico. Vimos loros, canguros, cebras, elefantes, xirafas, golfiños, serpes e demais compañía, leóns mariños... Pola tarde os monos, gorilas, orangutáns e mandrís esperábannos na zona dos primates e logo vimos os felinos: leóns, tigres, leopardos, panteras e ata un guepardo, que non e moi fácil atopalo en cautividade. E ao final, con toda a broma, saímos do zoo ás seis da tarde.
Despois demos un paseo pola Vila Olímpica e outro por unha praia de Barcelona chamada Barceloneta. Máis tarde collemos o metro e paramos na Praza de Espanya para ver a Fonte Máxica de Montjuïc, pero ese día non había un espectáculo de luz, cor e auga.


10-8-2011 Mércores
O mércores, despois dun almorzo mogollónico no hotel dirixímonos andando cara ao...

Camp Nou! O estadio do F.C.Barcelona!

Ese día tiña tantos nervios no corpo que case non me collían.
Para visitar mellor o Camp Nou, escollemos unha especie de recorrido polo estadio chamado Camp Nou Experiencie. Pasamos polas tres partes de bancadas que hai no campo, polos vestiarios, pola sala de prensa... Ata me puiden facer unha foto coa mesmísima Copa de Campións (Champions)! A pena foi que como estaban cortando o céspede non puiden baixar aos banquillos para ver onde se sentaba o entrenador Josep Guardiola. Vimos o museo da historia do Barça, onde tiñan expostas todas as copas e trofeos do equipo de fútbol, baloncesto, balonmán, fútbol sala, hóquey sobre xeo... E xa chegaba a hora de ir marchando do estadio. Iso si. Non marchei sen a camiseta da segunda equipación da tempada 2011-2012.
Despois de marchar do Camp Nou, decidimos probar a ir a ver a Sagrada Familia. Pero non demos entrado. Intentamos ir ao Museo da Música, pero xa pechara.
Pola noite fomos a ver un concerto de jazz no parque da Ciudadella.

11-8-2011 Xoves
O xoves intentamos ir á Sagrada Familia pero nada, non entramos. Así que fomos ao Aquarium de Barcelona. Tiña peixes, polbos, dragóns de mar, tiburóns, foi unha pasada. Tamén había unha parte chamada Explora que tiña moitas actividades. Incluso fomos por dentro dunha balea!
Pola tarde fomos a Montjuïc. Fomos en teleférico e vimos o museo de Miró e as instalacións olímpicas. Que pasada!
As fontes comezaron o espectáculo cuns chorretazos de auga enormes e logo empezou a facer "piruetas" de cores con auga que quitaban o hipo. Un bo recordo de Barcelona.


12-8-2011 Venres
O venres pola mañá fomos ver o Parque Güell. O problema foi que entramos por uns camiños de terra e iso deunos malas impresións pero logo... Mimá! Alucinamos! Por fin vimos o lagarto de cores que para min é moi bonito e algunhas casas de Gaudí.
Pola tarde vimos o museo MNAC que tiña varios tipos de arte: moderna, románica, barroca... Era bastante bonito pero tanto museo acabou por estouparme. Así que volvemos ver o barrio de Gracia coas casas Pedrera e Batlló.


13-8-2011 Sábado
O penúltimo día fomos ao Tibidabo, un monte que ten un parque de atraccións. Pola mañá fomos ao carrusel, ás cuncas, á mina de ouro que era un tronco que ía sobre a auga e no que te empapabas por culpa dos tobogáns. Foi unha das miñas atraccións favoritas. E a un castelo do terror que tiña trampas no chan.
Pola tarde fomos a un hotel do terror que daba moitísimo medo. Menos mal que fomos cun que xa sabía o recorrido e outro que non tiña medo que senón... non saíamos de alí. Tamén fomos ás cadeas e a unha especia de saltamontes.
Foi un día xenial!


14-8-2011 Domingo
O último día levantamonos cedo, collemos o avión cedo e chegamos cedo. Ao chegar foi como se todo fose pequeno. Foi pena que se acabase a viaxe pero aínda nos queda un bo recordo.
Comentarios (5) - Categoría: Viaxes - Publicado o 14-08-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Nafarroa


Este ano fun de viaxe a Navarra. Saímos o día 2 ás 8:25 da mañá. A viaxe durou polo menos dez horas. Ao chegar montamos a tenda e ceamos pizza no restaurante do camping. Despois fomos ao parque e demos un paseo por Erratxu. Ao día seguinte marchamos para Elizondo para buscar información sobre rotas de sendeirismo. Logo visitamos o Parque natural do señorío de Bertiz onde pasamos o resto do día e onde vimos un xardín botánico con secuoia e todo! Ao día seguinte fomos ao Castelo de Olite. Era un castelo enorme e rehabilitado. Tamén vimos Ujué unha vila moi bonita nun monte. O xoves camiñamos arredor do encoro de Irabia e vimos a selva de Irati: o faial máis grande de Europa. E alí vimos un río que nos separaba de Francia. Despois visitamos Saint Jean Pied de Port unha vila francesa fortificada na que tomei crepes con chocolate. O venres fomos ao Castelo de Javier. Alí vin ballestas, canóns e un castelo molón. Despois fomos ao Mosteiro de Leire e vimos o mosteiro cunha visita guiada. Ese mesmo día visitamos a Foz de Lumbier por onde pasaba un tren. Facía moita calor pero pese a todo vin un boitre. Ao día seguinte fomos ás covas de Zugarramurdi e de Urdax. As de Zugarramurdi eran covas das bruxas. Tamén había a ponte do inferno e unhas rochas de cores. Había un camiño que rodeaba a cova e nós entramos pola entrada segreda. Nas covas de Urdax fixemos a visita guiada con luz e son. Descubrimos que a estalagmita máis pequena que medía sobre tres centímetros tiña oitenta anos e naceu nun escalón.Tamén que pode ser que a música nacera nas covas, posto que unhas estalactitas tiñan son. O domingo fomos a Don Esteban onde fixemos o recorrido do Tren Chiquito. Pasamos por dous túneles e nun case non se vía nada. O luns fomos a Pamplona. Vin a Praza dos Touros e un ascensor que baixaba e subía en vertical. Tamén vin un señor que estaba facendo o escudo do BARÇA! Visitamos a rúa da Estafeta e comín melón con xamón e carne. En Pamplona vin unha tenda con artículos do señor dos aneis e a tenda Kukuxumusu. O martes fun a La rhune en Francia. La rhune é unhua montaña que se pode subir andando ou nun tren cremalleira. Había unha cola enorme e para subir no tren esperamos dúas horas e dez minutos pero ao final subimos. Vin cabalos e boitres e logo baixamos andando. Paseino moi ben! Pero á volta averiousenos o coche en León e tivemos que volver en taxi.
Comentarios (6) - Categoría: Viaxes - Publicado o 16-08-2010 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os Muíños do Folón e do Picón
Onte fun a ver os Muíños do Folón e do Picón. Din que hai mais de sesenta! Gustáronme moito os muíños e os paseos. E atopei cuarzo! Molou moitíííísimo!


Comentarios (1) - Categoría: Viaxes - Publicado o 02-04-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Cabeza de Manzaneda
A fin de semana do 20-21 fun a de viaxe
cuns amigos. O primeiro día foi cando fun a Cabeza de Manzaneda. Na parte de abaixo desliceime un pouco na neve e logo subimos ao pico en telesquí. Arriba fixemos un boneco de neve. Ao baixar estaba enchoupado! Pero paseino moi ben.
O domingo fun ao Mosteiro de Montederramo. Ese mosteiro convertíronno nunha escola. Tiña un coro de madeira moi chulo. Despois fun ao Castelo de Castro Caldelas. Tiña unhas murallas, unhas torres enormes, un pozo, un museo... e unha catapulta! Molou moito!
Logo marchamos a comer a Parada de Sil. Despois do xantar xoguei ás agachadas e logo fun ver os Canóns do Sil. Era moi profundo e por iso deume un canguelo... Pero polo demais paseino xenial.



Comentarios (2) - Categoría: Viaxes - Publicado o 28-02-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Remesar
Aparte de ir a Asturias tamén fomos a Remesar. En Remesar imos a unha casa de turismo rural na que están uns amigos. Todos os anos marchamos alí. Ten unha piscina e ás veces fago mini muíños de auga. Eu durmo no piso de arriba de todo. Este verán só nos quedamos dous días e unha noite. Esa noite comemos pizza e no cacho dunha amiga metemos picante. Púxose enfadadísima!
Tamén fomos ao Pazo de Oca. Ese pazo está cheo de plantas, estanques, fontes, árbores... É moi guai. Nun lugar fixeron figuras con plantas. Sabedes cal é a que máis me gustou? Nessie! O pazo non só é iso tamen ten unha igrexa e o pazo.


Aí vos van dúas fotos do Pazo de Oca. Á dereita a Casa Grande de Vilanova de Remesar. A que mola?



Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 28-08-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Asturias
Este ano fun de vacacións a Asturias. Fomos a dous campings un en Arenas de Cabrales e outro en Pola de Somiedo. Primeiro fomos a un camping que se chama Naranjo de Bulnes. Montamos a tenda e molou moito.
O segundo día andamos a rota do río Cares. A rota ía dende Poncebos ata Cain (León) Cansaba moito e entroume pánico pola altura porque eran uns canóns, pero era flipante. Vimos moitas cabras, delas dúas eran crias. Non fixemos todo a rota pero pasamos a León. Despois da rota do Cares fumos dar un paseo a Panes.
O seguinte día tamén fomos a Poncebos pero para montar nun funicular que é unha especie de autobús pero vai por un tunel. Ao estar arriba andamos ata Bulnes. É moi bonito. En Bulnes había un río e alí mollei os pés . Tamén subín a un mirador.Dende alí vin o Naranjo de Bulnes que é un pico. Ao baixar marchamos a Llanes a unha praia e Aldara coñeceu a unha nena. Ese mesmo día no camping eu fixen dúas amigas mellizas.
O xoves marchamos a Covadonga e vimos informacion do parque nacional dos picos de Europa. Non vimos os lagos porque habia neboa. Pero o resto foi flipante. Comemos fabada en Covadonga.
O venres fomos ao Muja que é o museo do xurasico asturiano. Había de todo: esqueletos, imaxes, videos, fosiles... Ese mesmo día visitamos Lastres que mola moito porque na praia da Griega hai pegadas dun dinosaurio!!!
O sábado recollemos a tenda e despedimonos das mellizas que se fixeran moi amigas nosas. Logo marchamos para Pola de Somiedo. Na viaxe paramos nun museo da prehistoria de Teverga. Traía moita información sobre pinturas e outras cousas sobre os nosos antepasados. Era moi chuli porque tamén había videos. En Somiedo asentamonos no camping da Pomarada. Ese mesmo día coñecemos a unha rapaza catalana e pasamos a noite contando chistes.
O domingo fomos a unha camiñata. Á volta iamoslle sacando fotos ás bolboretas. Á tarde fomos ver tres dos lagos de Salienza: o lago da Cova, o Calabazosa e o Cerveriz. Esa noite coñecemos a unha rapaza extremeña moi graciosa e pasamos a noite a contar chistes e a xogar ás agachadas.
Ao día seguinte vimos o lago máis grande de Asturias, o do Valle do Lago. Alí había moitas ras moi pequeniñas. Ao lago fomos andando e vimos moitas vacas. O percorrido era bastante longo. Marchamos e fomos ver unha aldea na que antes había vaqueiros! Esa aldea estaba nun lugar moi alto. Fomos a un mirador no que había unhas frechas con uns nomes de picos. As frechas sinalaban o pico.
E o martes recollemos a tenda e marchamos para á casa. Pero non marchamos sen visitar a praia das catedrais. Á praia das catedrais só se pode ir con marea baixa porque cando sube a marea inundase a praia. A praia das catredais chamase así porque hai pedras que teñen furados e parecen portas de catedrais.

Arrasou!!!!!



Comentarios (4) - Categoría: Viaxes - Publicado o 25-08-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia
Pensando nas vacacions deste ano acordeime do ano pasado da viaxe a Italia. Viaxamos alí porque miña tía estaba en Parma.
Collemos o avión de Santiago a Madrid e de Madrid a Milan. En Milan collemos o tren cara a Parma.
En Parma vimos moitísimas bicicletas e motocicletas. Tamén vimos a Igrexa e o Baptisterio. Nas aforas visitamos un castelo que se chama Torrechiara. Tiña torres e vimos todos os cuartos e as cortes para os cabalos.
Un día collemos outra vez o tren e fomos a Bologna. Vimos unhas torres bastante altas e un parque alucinante.
Outro día fomos a Pisa. A torre de Pisa está moi inclinada e ao lado estaba a igrexa e o Baptisterio.
En Firenze vimos a cúpula e unha ponte con casas enriba dela. Subimos catrocentos sesenta e tres escalons para ver desde a cúpula. Era altísima!
En Venecia pasamos dous días. Durmimos nun hotel. Comemos pizza, xeados e pasta. Non subimos en góndola porque era moi cara pero viaxamos polos canais de Venezia en Vapporeto. Visitamos moitos museos e fomos a Murano. Alí fanse obxectos co cristal de Murano. Vimos como traballaban. Eu trouxen un paxariño de cristal.
Foi moi guai!




Comentarios (2) - Categoría: Viaxes - Publicado o 06-07-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
A mellor excursión
Hoxe fun coa escola á Coruña en tren a ver o Domus, a Casa das Ciencias e a Casa dos Peixes. Collemos o bus e marchamos para Santiago e montamos no tren ás 10:21. Na viaxe pasamos por túneles moi longos. O tren era unha chulada. Era un R-598 da empresa Renfe. Como todos os asentos do tren estaban ocupados tivemos que ir nuns asentos para os discapacitados. Por fóra había aldeas, bosques e construcións. Iamos a toda velocidade. Ao chegar collemos o bus outra vez e fomos á Casa das Ciencias. Nela había moitos tipos de ras e xogos. Un xogo de facer pompas de xabón xigantes, unha tormenta de area e moitos máis. Tamén había unha sala de medicinas.
O Planetario estaba na cúpula da Casa das Ciencias. Nel vimos unha peli sobre a evolución. O Planetario era grande e tiña no medio unha máquina moi estraña.
Logo marchamos ao Domus e comemos. Eu empacheime de comida.
No Domus vimos como era o corazón por dentro, a forza coa que tirabas un balón de fútbol, os olores... Non nos deu tempo a ver todo pero pasámolo moi ben.
No acuario había moitas especies de peixes. Na sala Nautilus vimos a Gastón e a Hermosa que son dúas quenllas. Tamén había focas e unha sala de especies velenosas.

Volvemos cansos á escola.

A mellor excursión!!!



Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 11-06-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua e muíños

Non me acordei de facer este artigo por iso o fago hoxe.
O día 12 de Maio de 2009 fun ao Correlingua e a ver uns muíños en Silvarredonda.
No Correlingua había moitos colexios e nós íamos vestidos cunha camiseta vermella e un pano branco. As actuacións foron: Benito Souto e a grumeta Quilla, a obra de Fantoche Bag e a música de Hugo Torreiro.
Comemos no colexio porque chovía. Tiñamos pensado comer no Monte Treito pero non puidemos.
Sobre as tres da tarde marchamos a Silvarredonda, alí había tres muíños, pero só un estaba funcionando. O que máis me gustou foi o reducio que é unha peza de ferro ou de madeira parecida a unha roda que leva radios sobre os que ao caer o chorro de auga fai xirar o muíño. Ao marchar quedáronos atrás catro profesores e cando demos a volta co autobús para buscalos xa fixeran autostop.
Chegamos ao colexio as seis e cuarto moi cansos pero contentos.

FOI UNHA EXCURSIÓN CHULÍSIMA!
Comentarios (0) - Categoría: Viaxes - Publicado o 04-06-2009 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe moi especial
Na semana Santa fun de viaxe cuns amigos a Barcia de Mera no concello de Covelo, en Pontevedra. Saímos o xoves á mañá e chegamos a Barcia de Mera pola tarde. O albergue chámase Alentea. Tiña un comedor, dous cuartos con liteiras e unha biblioteca. No patio interior había un can e unha mesa, pás e pelotas de tenis de mesa. A horta tiña porterías e unha pelota de fútbol. A comida estaba moi rica e os donos eran moi amables.
Na viaxe vimos un aserradeiro e fomos por sendeiros á beira do río Tea nos concellos de Covelo e Mondariz. O peor foi que nos choveu e nos empapamos varios días.
Pola noite xogabamos ao parchís, ao xadrez, a afundir a flota... E tamén cantabamos, tocabamos e bailabamos.
O último día fomos ao Pazo da Auga en Mondariz. Que pasada! O que máis me gustou foi a corrente que había no medio da piscina. Tamén había chorros para dar masaxes, saunas...
Foi unha viaxe moi especial!!!!!



Comentarios (3) - Categoría: Viaxes - Publicado o 13-04-2009 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal