O mundo de Bernal







O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Samaín 2011

Este Samaín foi horripilantemente fantástico. No colexio decoramos a aula e vimos unha película con palomitas! Hoxe, na casa vamos a preparar as cabazas.
Esta é a cabaza que levei para o cole.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 31-10-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Como arrasou o VI Serán mar de Rianxo!

Onte no Campo de Arriba celebrouse o VI Serán Mar de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. O serán comezou ás 16:00 no auditorio cos obradoiros de empalletado, pandeiro e baile. Ás 20:00 comezou o seranciño, no que actuaron os nenos/as de Vai de Roda e Teixedal. E das 22:30 en diante subiron ao escenario varios grupos de música tradicional. Houbo chapas e camisetas no posto e se tiñas o estómago baleiro había unha Súper barra. Ademais houbo chocolate!
Vaia festaza!
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 19-06-2011 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán Mar de Rianxo
Empanada, viño, baile, chocolate, concerto, seranciño, mexillóns, obradoiros, gaitas, afinación, pandeiretas... e miles de cousas máis vai haber no VI Serán Mar de Rianxo. Non volo perdades e asistide ao Campo de Arriba o sábado 18 de xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 16-06-2011 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chega o Nadal!!!
O Nadal está á volta da esquina!!!! Yupiii! Encántame esta festa porque se está coa familia.Tamén porque se pon a árbore e o belén e hai moitos doces,(turrón, turrón e turrón). Se queredes ver unha postal de Nadal clicade aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Festas - Publicado o 13-12-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín 2010
Este ano no Samaín paseino moi ben. No cole toquei a frauta nunha canción que inventamos. Antes diso, fomos á clase de música e os profes contaron un conto no que apareceu a Santa Compaña. Ademais tiñan sons gravados para dar máis medo.
Eu fixen unha cabaza para o cole que ía disfrazada de Robin Hood. Tamén fixemos outras para a casa.
O domingo comín cuns amigos e fixemos a casa do terror e pasámolo moi ben. Tamén veu durmir unha amiga e vimos Pesadilla antes de Navidad. Un Samaín inesquecible!



Comentarios (1) - Categoría: Festas - Publicado o 01-11-2010 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ei! Fstgal
Este ano fun ao festigal coma os anos anteriores. Comín en Santiago polbo e carne ao caldeiro. Logo fun aos bailes do mundo e a un teatro. De merenda había pizza e con dicir iso xa saberedes que merendei. Paseino moi ben e xa teño ganas de que chegue o próximo!
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 30-07-2010 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Quedamos segundos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O sábado fun á Estrada a un concurso de baile. E quedamos segundos !!!

Mirade o ninja:




Comentarios (1) - Categoría: Festas - Publicado o 04-05-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido

Nestes cinco días de vacacións do entroido paseino xenial. Mais ben cinco días e medio porque o venres 12 non tiven clase pola tarde. Pasaron moitas cousas e gustaríame contárvolas. Comecemos:
Na nosa escola hai un meco ou toribio que manda cousas como por exemplo ir en pixama. Pero este ano mandounos ir de cociñeiros, de nadadores e de vellos. E o venres era o día do pasarrúas. Os de infantil ían de ovos fritidos, os de primeiro e segundo de coches, nós e os de terceiro de mexicanos e os de quinto e sexto de medievais. E cantei a CUCARACHA con meneo de cadeiras!
Cando queimamos o meco prendéronlle mais lume cun soprete e cunha pedra déronlle na fronte.
O sábado fun ao aniversario dunha amiga de mexicano e a unha cea de futbolista. O domingo fun ver unha obra de teatro, pero diso xa escribirei.
O luns fun ao Deporte Choqueiro de cavernícola. Xuntámonos cinco da nosa clase de cavernícolas. Había xogos como o brilé e o baloncesto.
O martes era o día dos inchables e molou moito. Fun de exipcio e Aldara de... non me acorda! Que celeblo! O que máis me gustou dos inchables foi a pista americana. Participei nun sorteo e non me tocou. Tampouco ningún outro ano. Pero paseino xenial.
O mércores era o enterro do Toribiño. Fun de vella pois había que ir de loito. Ben que choramos! E vaia estoupido fixo na queima!

Xa quero que chegue o próximo entroido!
Comentarios (1) - Categoría: Festas - Publicado o 18-02-2010 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Unha semana especial
Esta semana foi unha semana especial. Foi especial porque en primeiro lugar déronme as notas e as saquei moi boas. En segundo lugar actuai na Gala de Nadal: O Aghinaldo con Vai de Roda. E en terceiro lugar, actuei no Concerto de Nadal da Escola de Música de Rianxo. Ademais foi a Noiteboa e veu Papá Noel ou o Apalpador ou o Olentzero ou o que sexa.
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 27-12-2009 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
O meu aniversario!
Hoxe é o meu aniversario. Non fun á escola porque me doía ao tragar. Pola mañá, espertáronme mamá e Aldara e atopeime con nove globos de cores con un 9 en cada un, unha carta, unha postal do Xabarín club e unha escritura con forma de glogo. Logo funme a duchar. Cando voltei ao cuarto había un regalo. Abrínno e era a praia de playmobil.
Ao mediodía, ao acabar de comer fun á sala para tomar a febre e atopei outro regalo. Era un marco para o meu debuxo da Ópera de Sydney.
Pola tarde, mamá e papá meteronse na cociña e pecharon a porta. Cando entrei vin unha tarta de chocolate cunha vela con forma de 9. Despois de cantarme papá trouxo unha super cámara de fotos e mamá un libro chamado Apártate de Mississipi! de Cornelia Funke. Todas as fotos que vedes menos a de Feliz aniversario e a de Mississipi saqueinas coa miña cámara.
O domingo celebramos o cumpre cos amigos, se eu estou ben, claro.
Este foi un día fantástico!



Comentarios (6) - Categoría: Festas - Publicado o 20-11-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal